Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bonos desconto

Bonos e onde conseguilos

Hai dous bonos de desconto para visitar os Museos Científicos Coruñeses.

1. BONO TRES CASAS | "Paga dúas e leva tres"

Unha visita a cada museo, na data que ti elixas. Se vas visitar o Aquarium Finisterrae e outro centro, saca este bono e polo mesmo prezo poderás visitar as salas de exposicións dos tres Museos Científicos Coruñeses.

  • Prezo: 12,36 €
  • Período de validez: ilimitado, non caduca.

2. TARXETA 20 | Tarifa plana

Dá acceso ás salas de exposicións dos Museos Científicos Coruñeses cantas veces queiras durante un ano. Os titulares da Tarxeta 20 tamén teñen prezo reducido nas sesións de cinema 3D e planetario dixital.

Á venda na recepción dos tres museos:

  • Prezo: 20,60 €
  • Prezo reducido: 10,30 € (menores de 14 e maiores de 65)
  • É unha tarxeta persoal: para adquirila e usala o titular deberá amosar o seu DNI ou pasaporte.
  • Período de validez: un ano enteiro, desde a súa data de expedición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión