
O mes de decembro ten moito sabor na Coruña. Boucatise, o Festival de Bocadillo Gourmet, reúne as mellores creacións culinarias en formato bocadillo nun dos espazos máis singulares da cidade, o mercado de abastos de San Agustín.
Unha fin de semana de boas dentadas a moletes, pans e baos con sorprendentes recheos, vexetais, mariños ou carnívoros; con música de Dj's, demostracións culinarias e ata un espazo para os máis pequenos.