1 de julio de 2026
O Concello destinará 330.000 euros á adecuación destes tres espazos, que ampliarán a súa capacidade e incorporarán novos equipamentos
Este mércores, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á licitación dos traballos para renovar as áreas biosaudables existentes nos parques de Oza, a Sagrada Familia e a contorna das Lagoas.
Tal e como explicou o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, "A Coruña é unha cidade que, pouco a pouco, está a gañar moitos máis espazos públicos nos que fomentar a práctica deportiva ao aire libre. Temos exemplos moi visibles no día a día, como o carril runner do paseo marítimo, mais tamén coa creación e apertura de máis equipamentos como as áreas deportivas de calistenia e os parques biosaudables".
Os biosaudables concibíronse especialmente para fomentar a práctica de exercicio físico para persoas maiores, e Lage apuntou que, nos últimos anos, "o Concello vén traballando arreo para modernizar as áreas xa existentes, como fixemos tempo atrás en Palavea, e tamén para crear outras novas en distritos onde tiñamos esta carencia, como a Urbanización Breogán".
Nesta quenda, o Goberno local vai abordar a renovación de tres espazos biosaudables nos que, ademais de ampliar a súa capacidade actual e renovar o firme, incorporaranse novos equipamentos de tonificación muscular, con materiais máis resistentes e adaptados fronte ás inclemencias meteorolóxicas.
En total, o Concello investirá máis de 330.000 euros nesta actuación que sae xa a concurso.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible