Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de noviembre de 2025

O barrio de Monte Alto contará coa súa primeira pista multideporte, no parque Carlos Casares

A Xunta de Goberno Local aprobou a saída a concurso das obras, que suporán un investimento de máis de 230.000 euros para crear este novo equipamento público ao aire libre

Esta mañá, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á licitación das obras de construción da que será a primeira pista multideporte do barrio de Monte Alto.

"É unha iniciativa que forma parte dos compromisos adquiridos coa veciñanza e a comunidade educativa do barrio, sendo como foi unha proposta das catro ANPAS de Monte Alto, que recibiu o visto bo a través dos Orzamentos Participativos", precisou a alcaldesa, Inés Rey.

A pista estará situada no sector oeste do parque Carlos Casares. Concretamente, entre a rúa Faro Finisterre e as instalacións do Centro de Inserción Social. A súa construción levarase a cabo sobre unha superficie de titularidade municipal e, unha vez esté habilitada, as persoas usuarias poderán xogar ao baloncesto, fútbol-sala, balonmán, voleibol, hóckey e mini-basket, entre máis disciplinas.

O investimento previsto polo Concello é 237.000 euros. Toda vez se adxudiquen as obras, estímase un prazo de execución de tres meses.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión