Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2023

Neste momento trabállase na instalación dun novo tramo de colectores subterráneos en María Ana Mogás Fontcuberta

O Concello da Coruña completa os traballos para a instalación da rede de saneamento na rúa Salzburgo, na Zapateira

Esta actuación forma parte do plan de melloras posto en marcha durante o vixente mandato para mellorar a eficiencia no tratamento de augas da zona

O Concello da Coruña rematou os traballos de instalación da nova rede de saneamento na rúa Salzburgo, na Zapateira. Trátase dunha das diversas actuacións previstas polo Goberno de Inés Rey no contexto do plan de melloras do saneamento posto en marcha no barrio desde o comezo do vixente mandato.

As obras que se executaron na rúa Salzburgo, levadas a cabo en paralelo ás da rúa Roma, tamén no mesmo distrito, consistiron na implantación da rede de saneamento separativa e, en paralelo aos avances da obra, na reposición do firme. O obxectivo desta intervención é facilitar a recollida das augas residuais domésticas, mellorar a eficiencia do tratamento de augas da zona e, por outra banda, dirixir de maneira adecuada o volume de augas pluviais que, ata agora, discorrían pola plataforma da vía en forma de corrente superficial.

Os traballos de saneamento xa rematados na rúa Salzburgo están sufragados con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña e tamén con fondos municipais. O investimento total destinado a este plan é de 729.000 euros.

Ademais, e tamén na Zapateira, o Concello está a traballar neste momento para a instalación dun novo tramo de colectores subterráneos en María Ana Mogás Fontcuberta, ampliando a rede de saneamento a esta rúa do barrio da Zapateira. Actuación que complementa a instalación de novos colectores de fecais e pluviaista nas rúas Burdeos, Marsella e Torino.

As melloras en saneamento continúan en Bens e a Sagrada Familia

En paralelo á intervención xa finalizada na rúa Salzburgo, estase a avanzar estes días na remodelación da rede de saneamento no núcleo de Bens, así como na da rúa Cardenal Cisneros, na Sagrada Familia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión