Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de noviembre de 2019

O Concello mellorará a accesibilidade do aparcadoiro subterráneo de María Pita

Urbanismo xa está a redactar un proxecto de reforzamento da estrutura deste estacionamento no que se contratará a mellora da súa accesibilidade instalando un ascensor

O Goberno local porá en marcha obras de mellora na accesibilidade do aparcadoiro subterráneo da praza de María Pita. Para isto, a Concellería de Urbanismo xa está a redactar un proxecto de reforzamento da estrutura deste estacionamento baixo terra no que se contratará a mellora da súa accesibilidade que, ata o momento, non conta con ningún tipo de percorrido de entrada peonil accesible.

O proxecto, que se encontra en fase de contratación, tería como obxectivo instalar un ascensor na praza de María Pita que estaría localizado no lateral oeste do Palacio Municipal. A Concellería quere garantir a preservación dos valores patrimoniais da praza e do Palacio de Maria Pita, polo que se coidará o deseño do volume do ascensor.

A intención do Goberno municipal é que se poidan executar de maneira simultánea as obras de reforzamento do aparcadoiro e as de mellora da accesibilidade.

Con esta mellora nun dos principais aparcadoiros subterráneos da cidade, o Concello mostra unha vez máis o seu compromiso coa plena accesibilidade no contorno urbano e cos distintos colectivos e entidades de persoas con problemas de mobilidade, discapacidade e diversidade funcional.

Hai un mes o Grupo Accesibilidade Coruña integrouse na Mesa da Mobilidade Sostible da Coruña co obxectivo de asesorar o Concello e trasladarlle problemáticas e solucións nas medidas de accesibilidade. O edil de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, explicou no seu momento que a intención é "que os colectivos acheguen propostas para colaborar na redacción dos plans de accesibilidade e mobilidade da cidade", tal e como quedou recollido na Declaración pola Mobilidade que se aprobou no Pleno que tivo lugar o pasado 3 de outubro.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión