O programa Agra no Ágora engade na programación de 2022 o primeiro festival “Pétalos igualdade. Flor de vida” para ofertar un espectáculo de artes escénicas no mes de xullo para promover a reflexión e o avance social cara á equidade de xénero.
Para público en xeral, recomendada para maiores de 16 anos.
Para público en general
28/07/2022
Ya ha finalizado
20:00 h
Pídese puntualidade.
90 min.
Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde, ata completar a capacidade.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
Este novo festival convídanos en 2022 á representación teatral 1888. A señorita Xulia, unha adaptación do clásico de August Strindberg de 1888 a cargo de Estudo Momento.
En 1888 August Strindberg estreaba Señorita Xulia (en sueco, Fröken Julie), unha obra de teatro expresionista que trata as clases sociais, oamor, a luxuria e a batalla dos sexos cun forte toque de determinismo.. Hoxe as súas brutais palabras seguen resonando nos nosos ouvidos. Era o autor o misóxino de que todos falan ou un feminista encuberto?
Tras o éxito de 1879. Casa de Bonecas, Premio Luísa Villalta pola Igualdade en 2018, Estudo Momento volve demostrar o seu compromiso co feminismo, rescatando un clásico para seguir afondando na ardua tarefa de construír un futuro mellor, no que as mulleres sexan quen de pensar e vivir por si propias.
Dirección: Xoán Carlos Mejuto
Intérpretes: Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto
Autor - Adaptación: Xoán Carlos Mejuto
Sinopse: na noite de san Xoán, Xulia decide aproveitar unha ausencia do seu pai, o conde, para organizar unha festa secreta cos criados. Durante a festa, Xulia seduce Xoán, criado predilecto do conde. Os dous amantes caen nun perigoso xogo de paixón, violencia, inocencia e amor. Dúas criaturas brillantes, vítimas do condicionamento social e moral dos seus mundos, tan diferentes... O texto de Strindberg sorprende -e atemoriza- por actual e contundente. É posíbel a igualdade entre home e muller? Entre ricos e pobres? Entre rei e escravo?.

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Los días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas a la venta el 17 de julio de 2025 desde las 12.00 h

Desde el 19/12/2025 hasta el 20/12/2025

22/12/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible