Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

A Banda da Loba, Icía Varela e Haruna Chatani no AgoraSón do outono 2025

Con motivo do Día da Biblioteca e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón 2026, con Icía Varela e Haruna Chatani e A Banda da Loba, en concerto.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

23/10/2026

Inscripciones:

Dende o mércores 14 de outubro, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

As invitacións que sobraron estarán ao dispor pola tarde na biblioteca Ágora.

Horario:

21.00 horas 

Duración:

120 min aprox.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

De balde con invitación

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo: lingua@coruna.gal 

Esta edición do AgoraSón terá como protagonistas A Banda da Loba, Icía Varela e Haruna Chatani.

O Servizo de Normalización Lingüística, o venres 23 de outubro ás 21.00 horas, volve organizar o concerto do AgoraSón outono (co gallo do Día da Biblioteca e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.

A Banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres (Xiana Lastra, Andrea Porto, Estela Rodríguez, Iria de Cabo e Paula Rego) que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. 

«Bailando as rúas», «Fábrica de luz», «Hasme oír»  e «Xabón Lagarta» son os catro traballos discográficos que tiñan publicados ata o ano pasado. En 2025 sacaron «Lovismo». 

Recibiron diversos recoñecementos ao longo da súa traxectoria tanto pola súa música como polo seu compromiso social e coa lingua galega. En 2018 gañaron o premio á mellor música galega no certame aRi[t]mar. En 2020 o Premio San Martiño de Normalización Lingüística. En 2025 os premios Alfredo Iglesias, Rebumbio e CREA. Tamén foron finalistas dos Premios Opinión da Música de Raíz, dos Martín Códax da Música, do Concurso Fran Pérez "Narf" e dos Premios MIN da Música Independente.

O amor non foi nunca un tema especialmente tratado por elas, pero tras esta última etapa na que estivo tan presente nas súas vidas por diversos motivos, decidiron explorar e falar sobre el e as súas múltiples formas e expresións. Lovismo é unha declaración de amor, un canto polos amores que son e os que non chegan a ser. Unha aperta ás amigas que aparecen e ás que permanecen. Lovismo é querernos ben. Un bico na meixela cando chove e cando o sol pecha as pálpebras. Lovismo é amor e transformación.

Icía Varela e Haruna Chatani

A pandeireta que une culturas. A cantareira galega Icía Varela e a música Haruna Chatani ofrecen unha proposta artística moi singular na que se mesturan as sonoridades tradicionais de Galicia e do Xapón, creando pontes entre culturas a través do koto (arpa xaponesa) e da pandeireta.

A malpicá -de Cerqueda- Icía Varela é filóloga e unha das voces máis potentes do panorama actual da música tradicional galega. Fundou o grupo Arredores, co que publicou o disco Ecdise (2024). Subiu aos escenarios con SÉS, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Caamaño&Ameixeiras, Fillas de Cassandra ou Xosé Manuel Budiño. Como solista, actuou no Festival Intercéltico de Lorient (Francia) e no Celtic Connections de Glasgow (Escocia). En 2025, o ano das Letras Galegas para as cantareiras, lanzou xunto con Xosé Manuel Varela dúas das obras literarias claves en torno a este recoñecemento, Cantareiras e Pandeireteiras, e presentou o seu primeiro disco en solitario, Mens (tributo e agradecemento precisamente ás Velliñas de Mens, unhas das homenaxeadas coas Letras).

A nipona Haruna Chatani chegou a Camariñas a comezos do 2024, con 28 anos, co propósito de aprender español e empapouse de galego. Por aquel entón xa sabía xaponés, inglés, ugandés, camboiano e italiano. En Xapón, estudou Educación e Arte e toca o piano e a ocarina. Ao escoitar a música tradicional galega quixo formarse e fíxoo coa asociación local O Cansorriño, con Icía Varela de mestra de canto e pandeireta. As dúas xuntas realizaron unha xira co nome "A música que nos une, os camiños que nos xuntan".

O evento terá lugar no auditorio do Centro sociocultural Ágora o día 23 de outubro ás 21.00 horas.

A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais. 

Repartimento de invitacións

Repartiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o mércores 14 de outubro nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de repartimento: 

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h

Consulta os horarios de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.

Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.

De sobraren invitacións estarán ao dispor o propio día pola tarde na biblioteca Ágora.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión