Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Abraham Cupeiro no AgoraSón da primavera 2023

Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón primavera 2023, con Abraham Cupeiro en concerto.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

19/05/2023

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Dende o venres 12 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (19 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.

Horario:

21.00 horas 

Duración:

90 min aprox.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

De balde con invitación

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo: lingua@coruna.gal 

Esta edición do AgoraSón terá como protagonista o músico multiinstrumentista Abraham Cupeiro que, xunto coa Orquestra de Cámara Atlántica, nos presentará o seu traballo "Os sons esquecidos".

O Servizo de Normalización Lingüística, o 19 de maio ás 21.00 h, volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.

O evento terá lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora o día 19 de maio ás 21.00 horas.

"Os sons esquecidos" é coma unha viaxe no tempo. É unha busca das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo e crear algo novo e abraiante. Mesturaranse instrumentos de épocas pasadas cunha orquestra moderna. Escoitaremos o karnyx (instrumento de guerra) evocando o son de sereas, golfiños e o mar en pezas orixinais compostas por Abraham Cupeiro. A corna evocaranos cantos populares improvisados. Músicas e instrumentos, como o tango e o cornetto, separados no tempo, acoplaranse dun xeito natural como se fosen imaxinados na mesma época. Os sons esquecidos é a busca da esencia, do primeiro, unha viaxe pola historia e os sentimentos enraizada no presente, un traballo a prol da recuperación de instrumentos e sons esquecidos que vai moi ligado á recuperación para a nosa lingua propia de máis funcións sociais e máis espazos de uso.

A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais. 

Repartimento de invitacións

Repatiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o venres 12 de maio nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de reparto: en horario de mañá e horario de tarde.

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h, salvo na Biblioteca de Durán Loriga, que será a partir das 12.00 horas.
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h, agás no Punto de Servizo de Mesoiro, que será a partir das 17.30 horas.

Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión