Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Bebescena primavera 2023

As persoas que tiveron a sorte de asistir a unha función de teatro para bebés adoitan amosar interese por repetir a experiencia. A emoción que destilan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

Dende o 29/01/2023 ata o 04/06/2023

Xa rematou

Horario:

11:30 e 13:00 h 

Agás "Ploc, ploc... plik!" ás 11:45 h e 13:00h 

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

Abono Familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 € (só nos despachos de billetes)

Menores de 3 anos: 2,00 €

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.

E DESPOIS DO ESPECTÁCULO

Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo agora@coruna.gal

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

Documentos:

Triuptico-Bebescena.pdf (462 KB)

As obras para espectadoras/es tan precoces reúnen algúns requisitos. Un deles é a proximidade entre a escena e o público, o que leva a que o patio de butacas se transforme nunha zona pegada ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos..., onde nenas e nenos poden permanecer sentados con menos rigor e dun xeito máis acorde á súa anatomía, á beira dos seus pais.

O segundo requisito é a duración, que flutúa entre 30 e 45 minutos, que é o tempo que a atención dun bebé se pode fixar na actividade.

As propostas que presentamos este ano son moi variadas: con ou sen palabras, con obxectos, con música, con movemento, con efectos audiovisuais... Todas pretenden espertar sensibilidades e transmitir emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.

"Porque os nenos e as nenas merecen e necesitan que a arte forme parte das súas vidas; porque as artes escénicas contribúen á súa formación emocional, a desenvolver a empatía e a xerar sociedades máis xustas.  Merecen poder emocionarse e gozar con contidos de calidade que lles falen da realidade da que eles e elas son partícipes. Merecen un mundo cheo de arte". (ASSITEJ España. Artes Escénicas para la Infancia y la juventud)

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión