Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Campamentos do Concello da Coruña 2022

Tempo de verán para experimentar xogando no Fórum e no Ágora.

A quién va dirigido:

Infancia

Cuándo:

Desde el 27/06/2022 hasta el 02/09/2022

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Desde el 23/05/2022 hasta el 25/05/2022

Requisitos:

Condicións de participación

Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio

Para preinscrición dos campamentos do Fórum a través da web https://www.coruna.gal/cultura/es/preinscripcion-en-los-campamentos-de-verano-del-forum

Para preinscrición dos campamentos do Ágora a través da web

https://www.coruna.gal/cultura/es/preinscripcion-en-los-campamentos-de-verano-del-agora

*Pódense solicitar todas as quendas que se desexen, en ambos os centros e débese facer por orde de preferencia.

**Unha vez que realice a inscrición, recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos.

Publicación das listaxes de preinscrición: 27 de maio.

Reclamacións: 30 e 31 de maio e 1 de xuño.

Sorteo das prazas: 3 de xuño ás 10.00 h, en cada sede.

Os números resultantes do sorteo son:

Ágora: 108

Fórum: 444

A quenda de adolescentes de Ágora non se sorteou debido a que o número de solicitudes foi inferior ao número de prazas, polo que todas as persoas da lista están admitidas.

A partir dos números sorteados adxudicaranse as prazas e o martes publicaranse as listaxes de admitidos/as para que entre o mércores 8 e o venres 10 procedan ao pagamento por transferencia e ao correspondente envío por correo electrónico do xustificante ao enderezo indicado no folleto informativo. 

Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e das listaxes de agarda: 7 de xuño nas webs coruna.gal/campamentos2022 e coruna.gal/cultura e no servizo telefónico 010.

Inscrición e pagamento: do 8 a 10 de xuño por transferencia.

Adxudicación de prazas ás listaxes de agarda: para ocupar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de agarda que non obtivesen ningunha praza, respectando a orde de numeración do sorteo. Contactarase telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para saber se continúan interesadas en inscribirse. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.

Calendario de chamadas telefónicas ás listaxes de agarda: primeira volta: o día 13 de xuño. Terán que aboar a cota os días 14 ao 16 de xuño. Segunda volta: o día 20 de xuño. Terán que aboar a cota os días 21 ao 23 de xuño. A partir do 27 de xuño, o resto das prazas que poidan quedar vacantes serán ocupadas polo público en xeral por orde de chegada, que se deberá inscribir na sede correspondente (nos horarios que se comunicarán) e aboalas no momento.

Documentos:

A3_Campamentos_ForumAgora_0521-003.pdf (632 KB)

A Concellería de Cultura, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos, organiza un ano máis os campamentos do Fórum e do Ágora. 

Este verán os campamentos do Fórum e do Ágora retornan á normalidade coa que viñan a se facer antes da pandemia. Favorecendo a conciliación familiar coa mesma filosofía de sempre: xogar, aprender e desfrutar fomentando a educación en valores. E, coma sempre, partindo de diferentes temáticas, dun xeito seguro e divertido e tratando de experimentar novas formas de ocio alternativo. Propoñemos

+ información e inscrición en: 

https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/agenda/campamentos-de-verano-2022?argIdioma=es#1453798774279

PRAZAS LIBRES (a luns 27 de xuño) en ambos os centros:

FÓRUM:

Quenda 3.ª      20 prazas

Quedna 4.ª      14 prazas

Quenda 5.ª      11 prazas

ÁGORA:

Quenda 2.ª      36 prazas 

Quenda 3.ª      36 prazas

Quenda 4.ª      46 prazas

Quenda 5.ª      26 prazas

INSCRICIÓN: enviar un correo electrónico, indicando o centro no que queren solicitar praza e a quenda que lles interesa a:forumagora@serviplus.org  

Iranse adxudicando as prazas en función da dispoñibilidade, por rigurosa orde de chegada dos correos. Unha vez enviado o correo, recibirán resposta indicando se teñen a praza adxudicada e os pasos que cómpre seguir para a súa formalización.

Documentos relacionados

  • Listaxe de quendas adxudicadas nos campamentos do Fórum 2022 (267 KB)
  • Listaxe de quendas adxudicadas nos campamentos do Ágora 2022 (185 KB)
  • Listaxe de quendas adxudicadas nos campamentos de adolescentes do Ágora 2022 (34 KB)

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión