Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Ciclo Principal: La discreta enamorada

De Lope de Vega

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 09/06/2023 hasta el 10/06/2023

Ya ha finalizado

Horario:

20.30 h

Dirección:

Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Precio:

21,50 €; 15,00 €; 13,00 €; 9,50 €  (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

A comedia amorosa de enredos chega a un dos seus puntos culminantes na obra de Lope de Vega cando en 1604 escribe La discreta enamorada.

A capacidade de Lope para debuxar personaxes de enorme profundidade sen perder xamais o control da situación escénica, para describir un mundo cheo de aparencias equívocas, ou para cuestionar a rixidez das normas morais e sociais do seu tempo, acadarán nesta hilarante comedia un dos momentos álxidos do teatro do Século de Ouro.

Lope foi un enorme comediógrafo ao servizo da descrición do amor. As súas mulleres namoradas non só exhiben o seu dereito a vivir libremente as súas paixóns, loitando por ser quen desexan ser e amar a quen desexan amar; non só nos seducen coa súa intelixencia, tenrura e tesón; tamén son unha defensa da liberdade individual como ferramenta superior de construción da identidade nuns tempos nos que a formación do eu empeza a ser esencial.

La discreta enamorada de Lope atesoura versos de enorme beleza que lle van servir a unha nova promoción da Joven Compañía Nacional de Teatro Clásico para presentarse en público                                                   

Con: : Íñigo Arricibita, Xavi Caudevilla, Cristina García, Ania Hernández, Nora Hernández, Antonio Hernández Fimia, Pascual Laborda, Cristina Marín-Miró, Felipe Muñoz, Miriam Queba, María Rasco e Marc Servera, Montse Díez, Lluís Homar

Dirección: Lluís Homar.

Produción da Compañía Nacional de Teatro Clásico coa colaboración de Teatro Soho CaixaBank e Teatro Cuyás

Duración estimada: sen determinar

*Venda de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña: Ataquilla.com

* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión