Unha produción de Teatro del Barrio e a Celebración dos 50 anos de España en liberdade
Para público en general
Desde el 11/12/2026 hasta el 12/12/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
80 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
De Esther F. Carrodeguas
LIBRES!!! é un espectáculo que mestura historia, rebeldía e un toque de humor corrosivo para contar a incrible saga das mulleres que fixeron tremer os cimentos da sociedade en tempos da Guerra española do 36, aínda que xa levaban loitando desde finais do XIX. Inspirado no legado de mulleres anarquistas e a tradición sicalíptica de baixos fondos, e coa mirada posta na procura duns referentes de liberdade para o presente, nace LIBRES!!!
Con ritmo e rima de cabaré popular e vocación de masas, repásase unha historia política composta polas mulleres anarquistas co ánimo de abrir gretas -se non derrocar- o actual colapso de imaxinación política no que nos atopamos. Esta obra convídate a facer unha viaxe no tempo onde a loita pola liberdade, a igualdade e a autonomía que se serve cun chisco de sarcasmo e un bo chorro de risas.
Nun escenario que podería estar tanto en 1936 como en 2024, a obra preséntanos a esas mulleres audaces e desafiantes que, en pleno caos bélico e patriarcal, decidiron plantarse, romper moldes e demostrar que o feminismo e o anarquismo non só son cousas serias, senón tamén cousas moi relacionadas coa vida e a alegría.
Elenco: Alba Flores, Laura Galán, Nüll García, Eva Valdelomar (piano)
Dirección: Andrés Lima
Escenografía e vestiario: Beatriz San Juan
Composición musical e arranxos: Jaume Manresa
Dirección musical: Pepe Alacid
Iluminación: Pedro Yagüe
Axundante de dirección: Laura Ortega
Produccón Executiva: Lucía Rico
Distribución: Caterina Muñoz
Unha idea de Teatro del Barrio
Venda de entradas soltas a partir do 4 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

10/07/2026

30/07/2026

11/09/2026

Desde el 11/09/2026 hasta el 12/09/2026

19/09/2026

Desde el 25/09/2026 hasta el 26/09/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible