ENTRADAS ESGOTADAS De Juan Diego Botto, sobre textos de Federico García Lorca * Premio Max 2022 ao Mellor Actor: Juan Diego Botto * Premio Max 2022 ao Mellor Espectáculo de Teatro
Para público en general
Desde el 23/09/2022 hasta el 24/09/2022
Ya ha finalizado
20.30 h
105 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18,00 €, 14,00 €, 11,00 €, 8,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)
*Toda a persoa que acceda ao recinto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña.
Una noche sin luna é unha peza conmovedora e sorprendente que nos fala de Lorca dende unha sensibilidade do século XXI, como se o propio Federico estivese hoxe aquí entre nós.
Una noche sin luna é unha obra na que nos achegamos aos aspectos menos coñecidos da vida e da obra de Federico García Lorca. A viaxe que propón a función non é unha viaxe arqueolóxica, senón un xeito de coñecer a nosa propia realidade a través da súa obra. Desta maneira a obra convértese nunha peza viva, atrevida e dinámica na que a palabra de Lorca, a súa vida e o seu mundo serven de espello do noso.
A obra recolle entrevistas, charlas e conferencias de Federico García Lorca, así como fragmentos das súas obras, e ao final, a modo de "tablao" flamenco, moitos dos seus poemas. A través destes e da dramaturxia de Juan Diego Botto, é o propio Lorca quen en primeira persoa nos achega ao seu mundo.
Con moita ironía, emotividade e sentido do humor, o autor vai relatando o seu paso pola residencia de estudantes, as críticas recibidas por Yerma, a súa experiencia en La Barraca, a súa relación coa prensa, os seus amores, a tensión dos seus últimos anos, e con todo iso ímonos achegando a temas como o papel da muller baixo a súa mirada sempre poética e reivindicativa, a necesidade da liberdade artística e de expresión, a loita pola liberdade de identidade sexual, ou a importancia da memoria e das raíces.
Ten sentido falar de Lorca hoxe? Falar de Lorca hoxe é falar de nós mesmas e nós mesmos. E esta obra pretende facelo dende a honestidade e o sentido de espectáculo.
Con Juan Diego Botto
Dirección: Sergio Peris-Mencheta
Deseño de escenografía e vestiario: Curt Allen Wilmer (aapee) con estudioDedos
Deseño de iluminación: Valentín Álvarez
La Rota Producciones, Barco Pirata e Concha Busto Producción y Distribución
*Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro
- Despacho de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 h e de 16.30 a 19.30 h
- Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h
- Venda en liña: Ataquilla.com
* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que o espectáculo comece, non se permitirá o acceso á sala.
04/05/2024
04/05/2024
07/05/2024
Desde el 03/05/2024 hasta el 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible