De Federico García Lorca, adaptación de María Goiricelaya
Para público en general
Desde el 20/12/2024 hasta el 21/12/2024
Ya ha finalizado
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala.
Pídese puntualidade.
100 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
ELA é unha reputada artista bilbaína. O seu marido, un exitoso home de negocios. A súa irmá, unha muller atropelada pola vida. A súa nai esa persoa que nunca a abrazou... E o seu ex alguén con quen ser nai foi unha posibilidade. Este é o escenario dela, a nosa YERMA. Un escenario onde esta nova muller flúe como un tequila en Puerto Escondido, como un bhang lassi en Goa, como unha cervexa fría en Alexanderplatz.
Quizais sexa un sacrilexio expor unha YERMA sen unha palabra de Lorca, pero esta contén as palabras de todas aquelas mulleres que hoxe se enfrontan á imposibilidade de ter descendencia. Porque son moitas, aínda que ninguén fale delas. E son coma ELA: mulleres exitosas nos seus traballos que cean en restaurantes de moda, viaxan a países exóticos, desmándanse en festivais, teñen un Iphone e círculos sociais envexables. ELA; mulleres normais, independentes, coas súas parellas, o seu aparente empoderamento, os seus soños e un único desexo non concedido: o da maternidade. A súa versión feminista nunca lle deixou formularse que a partir de certa idade era difícil concibir e agora... a presión non para de crecer e ELA quere algo que nunca quixo, algo que implica un conflito biolóxico e emocional ineludible. Iso é esta YERMA. Esa muller onde o natural e o belo se volve obsesivo e doloroso. Esa muller onde o DESEXO é capaz de levar por diante o AMOR.
Con Ane Pikaza, Aitor Borobia, Loli Astoreka, Leire Orbe e Unai Izquierdo
Dirección e dramaturxia: María Goiricelaya
Produción de La Dramática Errante
*Venda de entradas soltas a partir do 6 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

20/12/2025
Entradas a la venta el 17 de julio de 2025 desde las 12.00 h

Desde el 19/12/2025 hasta el 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Los días 27/12/2025, 28/12/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible