Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Concerto do grupo Sangre de Muérdago na Coruña

Sangre de Muérdago é unha banda galega de neofolque de Leipzig (Alemaña) liderada polo ourensán Pablo Caamiña Ursusson, que dende 2007 leva a cabo un dos proxectos máis únicos e fondos do panorama musical internacional.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

19/12/2024

Ya ha finalizado

Horario:

20:15 h 

Duración:

75 min

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde 

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

A súa música lévanos ata o máis fondo de nós mesmas, coma unha nai que nos amosa o mundo de novo.

As súas letras en galego tratan temas relacionados coa natureza con elementos místicos e inspíranse na tradición galega. A súa música inclúe instrumentos tradicionais como a zanfona e a nyckelharpa. Musicalizaron poemas de escritores galegos como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel María.

O actual cuarteto componse de Pablo Caamiña, Georg Börner, Xoel López e Saúl Nogareda, cun abano instrumental que inclúe guitarra clásica, zanfona, violoncello, clarinete, caixa de música, percusións tradicionais e harmonías vocais e a

ˈnʏ̂kːɛlˌharːpa (un instrumento tradicional de corda de orixe sueca cuxa rede de difusión foi incluída pola UNESCO no Rexistro de boas prácticas de salvagarda do ano 2023; este instrumento recorda moito á zanfona: coa man esquerda tócanse as chaves do bastidor, mentres a dereita úsase co arco para fretar as cordas).

Con numerosas xiras por Europa, norteamérica ou Asia oriental e máis de 15 traballos editados nos últimos 13 anos, Sangre de Muérdago consolídanse como a rara avis da escena musical galega. Acaban de publicar unha nova sesión en directo rexistrada no Mosteiro de Monfero ( https://youtu.be/JaaJd5kGjRU?si=NxwRpKXq9Tqv_9sC ).

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión