Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
A Concellaría de Deportes convoca o tradicional concurso de debuxo e adorno de Nadal dirixido ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais que só terá que poñer en marcha as súas habilidades creativas e imaxinar un Nadal o máis deportivo posible.
A quién va dirigido:
Para público en general
Cuándo:
Desde el 29/11/2023 hasta el 11/12/2023
Ya ha finalizado
Organiza:
Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña
1. Concurso de debuxo "TARXETA NADAL E O DEPORTE".
Participantes: alumnado das Escolas Deportivas Municipais nado entre 2012 e 2017 (6-11 anos). Só se aceptará un (1) debuxo por participante.
Formato: libre, cunhas dimensións máximas de 210x297mm. (DIN A4) e poderá presentarse tanto en vertical como en horizontal.
Forma de presentación: o debuxo non debe levar o nome da persoa participante e deberá vir dentro dun sobre, acompañado doutro sobre cerrado co formulario de participación cuberto.
Lugar de presentación: ao profesorado ou na conserxería do Palacio de Deportes de Riazor.
2. Concurso de "ADORNO DE NADAL".
Participantes: unidades familiares, co único requisito de que un dos membros que a compoña sexa alumno ou alumna das Escolas Deportivas Municipais. Só se aceptará un (1) adorno por unidade familiar.
Forma de presentación: deberase presentar nunha caixa, cun sobre dentro con formulario de participación. Tanto o sobre como a caixa deberán ir cerrados.
Lugar de presentación: ao profesorado ou na conserxería do Palacio de Deportes de Riazor.
CUESTIÓNS COMÚNS ÁS DÚAS MODALIDADES
O prazo de presentación dos debuxos e adornos de Nadal remata o luns 11 de decembro ás 15.00 horas.
Os sobres así como o formulario de participación estarán dispoñibles na conserxería do Palacio de Deportes de Riazor. O formulario tamén se pode descargar nesta páxina.
Realizarase unha exposición dos traballos presentados na entrada do Palacio Municipal dos Deportes de Riazor dende o día 15 de decembro de 2023 ata o 7 de xaneiro de 2024.
Establécense 3 premios por modalidade:
1.º premio: material deportivo por valor de 100 €. O debuxo gañador poderase empregar para a tarxeta de felicitación da Concellería de Deportes.
2.º premio: material deportivo por valor de 50 €
3.º premio: material deportivo po valor de 25 €
Todas as persoas participantes recibirán un agasallo.
As datas e lugar de entregas de premios e agasallos publicaranse nesta páxina web.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible