Espectáculo para nenas e nenos de 0 a 3 anos
Familias, Infancia
28/12/2022
Ya ha finalizado
Desde el 26/12/2022 hasta el 28/12/2022
A inscrición comezará o luns 26 ás 10.00 h a través desta web.
A actividade está dirixida a crianzas de -3 anos acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.00 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
"Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: a primeira apagouse e naceu a Lúa. A segunda quedou acesa e naceu o Sol. A terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na terra hai un carballo. No carballo hai un niño. No niño hai unha merla que choca tres ovos..."
"Derriba da lúa" é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos de 0 a 3 anos. Queremos arrolar, contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres coma paxaros.
Unha proposta de lecer en familia de Rilo e Penadique (Culturactiva).
A actividade desenvolverase na aula 7 do Centro Ágora e haberá dous pases: Día do Apego. "Derriba da Lúa", de Rilo e Penadique ás 17.00 h e Día do Apego. "Derriba da Lúa", de Rilo e Penadique ás 18.00 h , para os que se haberá que inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions.
A cada pase poderán asistir 40 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas

19/12/2025

20/12/2025
Entradas a la venta el 17 de julio de 2025 desde las 12.00 h

Desde el 19/12/2025 hasta el 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible