Con Facu Díaz e Miguel Maldonado
+ 16 anos
* Espectáculo en castelán
Para público en general
17/05/2019
Ya ha finalizado
19:30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permite o acceso á sala)
120 minutos
Entradas: 16,00 / 18,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida: 14,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: - 25% (só no despacho de billetes))
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)
(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)
(Se vostede merca entradas con desconto a través de teléfono ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)
NO TE METAS EN POLÍTICA, TOUR é un show baseado no late night emitido en YouTube da man dos humoristas Facu Díaz e Miguel Maldonado. Despois de dúas tempadas completas con entradas esgotadas en Madrid, Díaz e Maldonado lánzanse á estrada para levar a súa peculiar maneira de entender a actualidade a todas partes. Neste novo espectáculo, os mozos cómicos repasarán tanto os acontecementos máis destacados do panorama político como o trato que reciben por parte dos medios de comunicación. Un catalán de orixe uruguaia e un murciano chegan á cidade: apártense o faranse dano.
Facu Díaz (Montevideo, 1993) presentador e humorista é famoso polos seus comentarios polémicos en Twitter onde é seguido por 168.000 persoas. Foi o director do programa La Tuerka News. Actualmente forma parte do proxecto humorístico No te metas en política ( NTMEP), co cómico Miguel Maldonado e colabora no programa Late Motiv de Andreu Buenafuente. Anteriormente xa subiu aos escenarios en solitario co seu monólogo 'Pido disculpas' co que xirou por todo o país cultivando grandes éxitos.
Miguel Maldonado (Murcia, 1986) licenciado en Historia da arte, traballou como realizador na canle de YouTube La Tuerka. Alí coñeceu a Facu Díaz e pasou de estar detrás das cámaras para poñerse diante na Tuerka News. A audiencia do programa creceu de tal maneira que naceu No te metas en política, un experimento que engloba YouTube e teatro. Os éxitos cultivados con NTMEP en YouTube e coa xira en teatros, así como a súa presenza na rede (ten 57.700 de seguidores en Twitter) levou a Miguel Maldonado a posicionarse entre os cómicos máis relevantes do momento e a participar como colaborador fixo en Late Motiv de Andreu Buenafuente.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

20/12/2025
Entradas a la venta el 17 de julio de 2025 desde las 12.00 h

Desde el 19/12/2025 hasta el 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Los días 27/12/2025, 28/12/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible