Pakolas fará un peche de festa do Apego especial para gozarmos en familia dun gran día. Haberá sorpresas e abofé que o pasaremos moi ben!
Crianzas maiores de 3 anos. Do 27 ao 29 de agosto terán preferencia as persoas inscritas no programa Apego no Concello da Coruña. Se quedaren prazas, a inscrición abrirase ao público xeral o mércores 29 de agosto.
Familias
01/09/2018
Ya ha finalizado
Desde el 27/08/2018 hasta el 01/09/2018
18.30 horas
unha hora
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuíto
Nota: se unha vez reservada praza non se pode asistir, agradecemos que nolo comuniquedes para que outra pequena ou pequeno poida gozar da actividade.
O espectáculo está destinado a crianzas maiores de 3 anos acompañadas pola familia. É necesaria a inscrición en ticketea que se abrirá a partir das 10.00 horas do 27 de agosto. Cada persoa que vaia asistir (nena/o, nai, pai etc.) precisa a súa entrada.
Música infantil para compartir en familia. "As Parábolas de Pakolas" chega da man de Paco Cerdeira como espectáculo no que Pakolas interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para os mais pequenos.
Presenta así un espectáculo musical de formato individual, tocando a súa guitarra e interpretando cancións da súa autoría formando parte estas das propostas musicais para público infantil.
As entradas poderán retirarse a partir do 27 de agosto en ticketea. É preciso ter unha entrada por cada persoa que asista.
Actividades relacionadas

16/12/2025
Desde el 09/12/2025 hasta el 16/12/2025
Require inscrición

16/12/2025
Desde el 09/12/2025 hasta el 16/12/2025

17/12/2025
Desde el 10/12/2025 hasta el 17/12/2025

18/12/2025
Sesión cancelada por peche da biblioteca.

19/12/2025
Non precisa inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

20/12/2025
Entradas a la venta el 17 de julio de 2025 desde las 12.00 h
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible