Os actuáis usuarios dos hortos municipáis deberán cesar na súa actividade antes do 15 de febreiro para permitir que os terrenos se preparen para a seguinte convocatoria
Para público en general
15/02/2026
Infórmase ás persoas adxudicatarias dos hortos urbanos que, coa posta en marcha da próxima convocatoria 2026-2029, cuxas bases publicaranse previsiblemente a finais deste ano, e co obxectivo de coordinar as novas adxudicacións coa primeira tempada de cultivo do próximo ano, será preciso que cesen a súa actividade nas parcelas das que son usuarios. Polo tanto, REQUÍRESE ás actuais persoas usuarias para CESEN a súa actividade ANTES do 15 de febreiro de 2026.
A partir desa data, o servizo municipal correspondente procederá a baleirar e adecuar todas as hortas para a súa entrega ás novas persoas adxudicatarias durante o período 2026-2029.
Lémbraselles tamén que, antes da mesma data, deberán facer entrega das chaves que teñan no seu poder e que foron asignadas a cada persoa usuaria no momento da concesión. A entrega poderán facela na seguinte dirección:
Oficinas do servizo de Medio Ambiente
sitas na 5a planta da Casa da Auga (Rúa Pedro Ferrer, nº5)
dentro do horario de 08:30 h. a 14:30 h.
Para calquera dúbida, poden contactar co servizo de Medio Ambiente no teléfono 981 184 315.
Dende o Concello agradecemos a súa colaboración e compromiso ao longo deste período.
Desde el 28/11/2025 hasta el 31/12/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible