Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

O Pazo de Meirás: pasado, presente e futuro. Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo

Unha palestra, unha conversa, para conxugarmos pasado, presente e futuro do Pazo de Meirás.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

25/03/2021

Ya ha finalizado

Horario:

19.00 h

* Ás 18:30 h. abrirá a porta. Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos.

Duración:

90 min

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da cadeira asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Ao facer 50 anos, desclasificáronse moitos documentos, aínda non todos, referidos a Meirás. A investigación puxo sobre o papel as fraudes, as extorsións, a violencia, os intereses que convertiron as Torres de Meirás na sede da corte galega do ditador.

A "apropiación" de Meirás fíxose con expropiacións forzosas, con parte do lote de moitos mariñeiros, das nóminas do funcionariado, das arcas públicas do Concello chuchadas para a merca e mantemento do pazo. O Pazo de Meirás foi enriquecido con pezas espoliadas doutros bens patrimoniais públicos.

Próceres da Coruña, como o alcalde Alfonso Molina ou o banqueiro Barrié de la Maza precisaban garantir a proximidade co centro de poder. Chegado o verán,  o ditador e todo o aparato de xefe de estado dispuñan da contorna rústica nas Torres de Meirás ou máis vilega na Casa Cornide; mentres, rebeldes ou sospeitosos de selo eran, no mellor dos casos, hospedados no "hotel Reixas" (o cárcere).

Morreu o ditador en 1975. O xefe de estado sucesor creou o título "Ducado de Franco", hoxe vixente. O Pazo de Meirás sufriu un curioso incendio en 1978 e foi obxecto de indemnizacións, subvencións... malia servir de escenario para fastos e propaganda fascista.

Nos despachos de Meirás escribíronse novelas, ditáronse decretos e luciron sabres. Aínda pairan e se axitan moitas plumas para que permaneza o que o ditador deixou atado, para dificultar o traballo de investigación de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo; mais podemos ler o  libro "Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio", publicado pola Fundación Galiza Sempre, e conversar con eles no Centro Ágora e saber do seu asesoramento á Avogacía do Estado e nas comisións de expertos do Parlamento e da Deputación ou do manifesto "Volver pagar polo roubado: unha sentenza inasumible para un Estado democrático", que promoveron e que rexistraron con mais de tres mil sinaturas, incluído o apoio de entidades como a Asociación veciñal Agra.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión