Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interés CienciaPro.
Dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Infantil
02/11/2022
Ya ha finalizado
Desde el 26/10/2022 hasta el 02/11/2022
Require inscrición
18:30 h. a 19:30 h.
1 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
20
Tel.: 981 184 298
O mércores 2 de novembro ás 18.30 h. na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o obradoiro "Coidándonos Xuntos" para rapazada de 9 a 14 anos impartido por Tamara Pazos.
Este obradoiro está enfocado á prevención de riscos para a saúde. Pero no canto de falar das cousas malas, aprenderemos con experimentos como funciona o noso corpo na dixestión, durante o descanso e durante a actividade física. Con respecto a esta última darase especial atención á importancia do adestramento de forza tamén en mulleres, xa que historicamente foron apartadas destas prácticas tan saudables.
Ademais, nas partes máis teóricas darase visibilidade ás investigadoras e comunicadoras que hai detrás destas investigacións.
Convidámosvos a un obradoiro no que Tamara Pazos falará de como as condutas saudables practicadas dende pequenos poden axudar a que na idade adulta lles resulte máis sinxelo coidarse.
Traballaremos a través de conversas e actividades sobre como protexer a nosa atención, uso de redes sociais, hábitos de sono ou a alimentación.
Esta actividade está pensada para que as nais e pais non so sexan acompañantes, senón para que aprendan e desfruten cos seus fillos e fillas.
También te puede interesar

13/12/2025

17/12/2025
Desde el 10/12/2025 hasta el 17/12/2025
Require inscrición

20/12/2025
Desde el 13/12/2025 hasta el 18/12/2025
Require inscrición

Desde el 22/12/2025 hasta el 07/01/2026
Abrirase o día 01 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para á inscrición.

17/01/2026
Desde el 10/01/2026 hasta el 15/01/2026
Require inscrición

07/02/2026
Desde el 31/01/2026 hasta el 05/02/2026
Require inscrición
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible