Programa de actividades socioculturais (teatro, historia, cinema, cociña, literatura, arte,..) para gozar do tempo libre para personas con inquietudes culturais e ganas de compartir o seu tempo libre, participando en actividades que fomenten o desenvolvemento das súas destrezas culturais e artísticas, o coñecemento da historia, a arte, a cultura e a cidade. Nº DEL SORTEO: 237
Para público en general
Desde el 10/01/2022 hasta el 21/01/2022
Ya ha finalizado
Desde el 10/01/2022 hasta el 12/01/2022
Formulario de inscripción: https://forms.gle/hGriZNKqA2WZ2aA48
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
COTA DE INSCRICIÓN: 21 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos obradoiros. 30 € por obradoiro para as persoas menores de 65 anos.
A cota non será devolta no caso de suspensión do programa por confinamento por coronavirus, debido a que os obradoiros continuarían desenvolvéndose "en liña".
INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 31 de xaneiro e rematarán o sábado 28 de maio, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro.
Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.
LISTADO DE ADJUCICACIÓN DE TALLERES POR SORTEO. ÁGORA (94 KB)
MEDIDAS HIXIÉNICO-SANITARIAS CONTRA A COVID-19
Para evitar o contaxio por coronavirus a organización tomará todas as medidas necesarias contidas no Protocolo específico, que recomendamos que lea atentamente, publicado na web www.coruna.gal/cultura. Ademais tomáronse as seguintes medidas no deseño do Programa de Lecer:
- O número de persoas participantes en cada obradoiro reduciuse con respecto ás convocatorias anteriores, de acordo coa lexislación hixiénico-sanitaria vixente.
- Os obradoiros que se realicen no mesmo espazo comezarán media hora despois do remate do anterior (excepto nas actividades de memoria que será dun cuarto de hora), co obxecto de realizar a desinfección e ventilación dos ditos espazos.
- Os obradoiros serán presenciais. Non obstante, no caso de que haxa un novo confinamento continuarán desenvolvéndose "en liña".
CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER CALENDARIO DE INSCRICIÓN E PAGAMENTO
Nunha primeira volta: o día 24 de xaneiro; e a segunda volta: o día 26 de xaneiro. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.
MODO DE PREINSCRICIÓN: farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura. Facilitarase axuda telefónica a través do teléfono 624 668 490 (de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h), para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet.
Nestas mesmas listaxes poderá coñecer o número asinado para o sorteo público.
NÚMERO DEL SORTEO EN AGORA: 237
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: unha vez realizado o sorteo público, as listaxes das persoas admitidas e as listaxes de agarda publicaranse o martes 18 de xaneiro ás 9.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010. Nelas figurarán o número de inscrición, o num. do DNI/NIE da persoa solicitante así como o/os obradoiro/s adxudicado/s.
As prazas de cada obradoiro adxudicaranse a partir do número de inscrición que saia agraciado no sorteo público. Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa. En todo caso, tratarase de concederlles a todas as persoas solicitantes cando menos un obradoiro, antes de conceder un segundo obradoiro.
Para adxudicar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de agarda que non obtivesen ningunha praza, sempre respectando a orde de numeración do sorteo.
PAGAMENTO DA COTA: do 19 ao 21 de xaneiro (os tres días incluídos). A cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES81 2080 0380 6230 4000 5657. Enviarán o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, centro (Fórum ou Ágora) e o/os obradoiro/s aboado/s.
As persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" o non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito ou efectivo, no Centro Ágora en horario de 16.00 a 20.00 h, ou depositar nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, e o/os obradoiro/s aboado/s.
No caso de non se realizar o pagamento nos ditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila. Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante, coa data limite do venres 11 de febreiro.
INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 31 de xaneiro e rematarán o sábado 28 de maio, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro. Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.
NORMAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS COVID -19 (ver Protocolo)
- As persoas participantes deberán aceptar e asinar unha declaración responsable, na que se comprometen a garantir que durante os 14 días previos ao comezo dos obradoiros non sufriron nin tose, nin febre, nin cansazo ou falta de aire. Ademais de non ter estado en contacto con algunha persoa coa dita sintomatoloxía.
- Non asistir aos obradoiros con febre (> 37º) ou con síntomas propios do coronavirus.
- No caso de declararse un caso de contaxio, avisar urxentemente ás persoas responsables do programa.
- Manter 1,5 metros de distancia de seguridade con outras persoas tanto nos accesos como no interior do edificio.
- É obrigatorio utilizar axeitadamente a máscara (excepto no supostos contemplados na normativa vixente) para acceder e desprazarse polo edificio e durante toda a actividade. A máscara debe traela cada participante.
- Lavar as mans con xel hidroalcohólico antes de entrar e de saír das aulas e dos aseos.
- Non está permitido compartir o material de uso individual.
- Limitar o uso dos aseos o máximo posible.
- Seguir as instrucións do persoal do edificio en todo momento e actuar con responsabilidade.
Documentos relacionados
03/05/2024
03/05/2024
Desde el 04/05/2024 hasta el 05/05/2024
Calendario e proceso de inscrición:
Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.
** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.
Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.
Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.
Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.
Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.
08/05/2024
10/05/2024
24/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible