O mar ten un grande influxo sobre min dende pequena. Cría que non sería quen de vivir lonxe do mar pero a experiencia demostrou o contrario. Iso si, cada vez que volvía e ulía o recendo do argazo na praia, inundábame unha sensación de calidez e felicidade.
Para público en general
Desde el 05/08/2022 hasta el 29/08/2022
Inauguración o venres día 5 ás 20:00 h.
Ya ha finalizado
de luns a venres de 12:30 a 13:30 e de 18:30 a 20:30 h
Sala de Exposiciones ARGA. Calle Costa Rica 1. 15004 A Coruña
de balde
Os paseos polo litoral permitíanme descubrir construcións derruídas que era o vestixio dos carpinteiros de ribeira, das antigas fábricas conserveiras, da industria da salgadura, algunha delas xa da época romana.
Auga e sal por todas partes,
o sal que nutre e é necesario para a vida,
o sal que sana e conserva os alimentos,
o sal que alegra e da gusto á comida,
o sal que reconforta e botamos coas bágoas,
o sal que refresca e expulsamos coa suor.
Salgaduras cotiás é a creación do meu mundo imaxinario, arredor do mar, tarefas cotiás relacionadas coa cultura da auga e do sal que están na esencia do meu ser.
Desde el 10/05/2024 hasta el 11/05/2024
Desde el 10/04/2024 hasta el 21/05/2024
Desde el 19/01/2024 hasta el 30/06/2024
Desde el 20/06/2023 hasta el 30/06/2024
Desde el 15/03/2024 hasta el 14/07/2024
Desde el 22/03/2024 hasta el 01/09/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible