Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Último verán en Santa Cristina

Unha produción de Teatro do Noroeste

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

20/01/2023

Ya ha finalizado

Horario:

20.30 h

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Dirección:

Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Precio:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

As sensibles e conmovedoras lembranzas dun rapaz que pasa a súa infancia na España franquista.

Nos anos sesenta, un rapaz de doce anos realiza o tránsito da adolescencia á madurez, que se precipita no seu último verán na praia, descubrindo a natureza da vida e da morte, a esencia do amor e do sexo e, sobre todo, descubrindo un terrible segredo que oculta a súa familia de militares franquistas.

"Último verán en Santa Cristina", conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea. Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano de 1960. Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas e os recordos non moi precisos que aínda conserva daqueles anos, dos que pasaron xa máis de trinta, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán en traxedia.

Con Xavier Estévez, Luma Gómez, Miguel Pernas, Maxo Barjas e Manuela Varela

Dirección e autoría: Eduardo Alonso

Venda de entradas 

- Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

- Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

- Venda en liña

También puede interesarte...

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cuándo:

    21/05/2024

    Inscripciones:

    Desde el 17/05/2024 hasta el 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cuándo:

    Desde el 24/05/2024 hasta el 25/05/2024

  • XXXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

    Cuándo:

    26/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cuándo:

    28/05/2024

    Inscripciones:

    Desde el 24/05/2024 hasta el 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cuándo:

    04/06/2024

    Inscripciones:

    Desde el 31/05/2024 hasta el 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • 1888. Señorita Xulia

    Cuándo:

    08/06/2024

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión