Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Verónica Codesal - 100 voltas

100 voltas é un proxecto cargado de cultura e tradición galega, cun repertorio que conserva a esencia do pasado e incorpora elementos contemporáneos.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

26/07/2023

Ya ha finalizado

Horario:

- Hora: 20.30 h 

- Hora da apertura das portas: 20.00 h 

Duración:

75 min

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde 

​​​​​​​ ​​​

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Verónica Codesal é a única galega que gañou o 2.º premio de Eurovisión representando a Bélxica no festival e ademais posúe nove discos como integrante dos grupos Ialma e Urban Trad.

Embaixadora galega polo mundo, representando a Galiza e Bélxica, canta sempre un tema na lingua do país que a convida. Madriña de Nunca Máis con Manu Chao por Europa.

O disco 100VOLTAS recolle o seu compromiso como muller, feminista. Pediu colaboracións a poetas comtemporáneas galegas que escribiron para ela alghunas das cancións. Deste xeito, amais dos textos tradicionais propios, tamén os hai de poetas galegas contemporáneas (Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Rosalía Fernández Rial, Brais Fernandes) a través dos que contan as súas historias de mulleres, esposas, parellas, nais, fillas, amigas, traballadoras, artistas, activistas...

Mercedes Peón colaborou na produción e arranxos, percusión e voz adicional nalgúns dos temas do disco 100VOLTAS. Os músicos internacionais traballaron os arranxos e composicións e tamén reinterpretaron con arranxos as pezas tradicionais galegas no disco 100VOLTAS.

Didier Laloy é un dos mellores acordeonistas diatónico do mundo, e solista en orquestras sinfónicas de Alemaña, Italia, Cuba e Bélxica. Damian Chierici vén do mundo clásico e do rock; xira con moitos grupos belgas por Europa. Boris Tchango arrequece o proxecto 100VOLTAS coas súas influencias, ritmos e forza. 100VOLTAS está de xira con axuda da Fédération Wallonie-Bruxelles, Xunta de Galicia, Embaixada de España no Reino de Bélxica, cidade de Loon-Plage, Festival Het Lindeboom, Foyer Culturel de Sprimont e Centre Culturel Régional de Dinant. Incorporouse á programación Agra no Ágora, de colaboración entre a Asociación Veciñal Agra e o Concello da Coruña, que oferta a entrada libre e gratuíta.

Elenco: Verónica CODESAL .......................Voz e percusión

Didier LALOY (Bélxica)..................Acordeón diatónico, stompbox

Damien CHIERICI (Bélxica) ...........Violín, instrumentos electrónicos

Boris TCHANGO (Togo) ...............Percusións, batería

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión