Viñetas desde o Atlántico 2026 céntrase na memoria histórica e nas reivindicacións sociais.
Para público en xeral
Dende o 10/08/2026 ata o 27/09/2026
https://vinetasdesdeoatlantico.com/es/vinetas-desde-o-atlantico-2026-2/
Baixo un cartel oficial deseñado polo ilustrador galego Miguel Robledo - inspirado en fenómenos astronómicos e na memoria social -, o festival deste ano reafírmase como un dos grandes referentes da novena arte a nivel estatal. Haberá un gran despregamento urgano, con máis de 10 sedes.
O evento abandona os recintos únicos para alagar a cidade.
Os contidos desta edición distribuiranse en localizacións emblemáticas como Quiosco Alfonso, Palacio Municipal María Pita, Sala Salvador de Madariaga, Casa Museo Picasso, Fundación Luís Seoane e Casa das Ciencias.
Unha extensa programación de actividades pensadas para todas as idades e intereses e que se distribúen entre as distintas seccións do festival. Máis de 100 propostas entre as que se contan talleres, cinema, teatro, charlas, visitas guiadas, podcasts, espectáculos radiofónicos, un concerto ilustrado, encontros con autories e autoras, firmas, maratóns de debuxo ...
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible