Que é o Plan de Barrios?
O Plan de Barrios 2025-2027 é un documento estratéxico pioneiro na historia da Coruña. É a primeira vez que a cidade conta cun plan integral que ordena os investimentos públicos por distritos, definindo prioridades concretas para cada barrio a través dunha visión política, técnica e social combinada.
Cal é o obxectivo principal deste plan?
Construír unha Coruña máis cohesionada, accesible e sostible, mellorando a calidade de vida da veciñanza e garantindo unha transformación urbana equilibrada. Busca tamén impulsar a participación cidadá como base do modelo de cidade.
Por que é un plan pioneiro?
Porque nunca antes se elaborou na Coruña un plan urbano con esta estrutura, que planifica actuacións a medio prazo, distribuídas por distritos, con orzamento definido e obxectivos claros en materia de accesibilidade, sustentabilidade, espazo público e cohesión social.
Que relación ten cos Orzamentos de 2025?
O Plan de Barrios está vinculado directamente aos Orzamentos Municipais de 2025, que inclúen o primeiro paquete de financiamento do plan.
A súa aprobación foi posible grazas a que a alcaldesa Inés Rey superou unha moción de confianza, despois de que PP e BNG votasen en contra dos orzamentos.
Que tipo de actuacións contempla?
Inclúe máis de 330 intervencións organizadas en cinco grandes ámbitos:
Cando se desenvolverá?
En dúas fases:
Como se financia?
Como se implicará á veciñanza?
A partir de setembro de 2025, o Concello organizará presentacións públicas nos barrios para:
É un documento definitivo?
Non. É un plan vivo e en constante actualización, aberto a novas achegas e melloras a partir do diálogo co tecido social da cidade.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible