Concello da Coruña

Concello da Coruña

Equipamento

Arquivo do Reino de Galicia

Enderezo:

Xardíns de San Carlos 1. 15001 A Coruña

Teléfono:

881 960 360

Fax:

881 960 374

Páxina web:

http://arquivosdegalicia.xunta.es

Servizos:

Custodia de documentos.

Consulta documental propia de todo arquivo histórico.

Laboratorio para a conservación.

Sala de consulta.

Biblioteca auxiliar de apoio ás persoas investigadoras.

Reprografía e microfilmación (só para obras e documentos custodiados no Arquivo).

Horario:

Inverno (setembro a xuño):

Luns a venres de 08:30 h a 20:30 h

Verán (xullo e agosto):

Luns a venres de 08:30 h a 19:30 h

Titularidade: a xestión realízaa a Xunta de Galicia aínda que o edificio e os fondos máis antigos perténcenlle ao Estado.

Acceso: libre e gratuíto

Creación:

O Arquivo do Reino de Galicia foi creado en 1775 pola Real Audiencia de Galicia co fin de albergar a súa documentación. A súa sede actual é do ano 1955, e desde o ano 1962 coñécese como Arquivo Histórico do Reino de Galicia. Na actualidade desempeña unha dobre función, por unha banda como Arquivo Histórico Provincial da Coruña e, por outro, como Arquivo Histórico Intermedio de toda Galicia.

Fondos da biblioteca:

  • Temáticos: posúe 14.940 títulos, 1.651 publicacións periódicas, 10 manuscritos, 7 incunables e diversas fotografías, todo iso referido á historia de España (rexional e local), ciencias auxiliares da historia (España, as súas rexións e autonomías), dereito e ciencia administrativa, economía e política arquivística e ciencias afíns, cultura xeral e obras de referencia.
  • Especiais: ten ademais uns fondos especiais do Convento de Santa María de Montefaro e da biblioteca xurídica Pardo Argüelles.

O Arquivo do Reino de Galicia é un centro de titularidade estatal xestionado desde 1989 pola Xunta de Galicia. Ten os seus antecedentes na Real Cédula de Carlos V do 3 de febreiro de 1529 e na Real Provisión do mesmo Emperador e da súa nai, dona Xoana, do 1 de marzo de 1543, nas que se ordenaba custodiar e poñer a recado os procesos da Real Audiencia de Galicia, institución creada polos Reis Católicos por diversas disposicións a partir de 1480. A súa orixe inmediata está, con todo, na Real Cédula de Carlos III do 22 de outubro de 1775, pola que se crea o Arquivo, dótase de persoal e regúlase o seu funcionamento. Instalado no Palacio da Real Audiencia, hoxe Capitanía Xeral, foi trasladado aos sotos do Palacio de Xustiza en 1936, onde permaneceu ata 1956, en que se acomodou no edificio que actualmente ocupa.

Foi construído con proxecto do arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez e inaugurado o 5 de setembro de 1955. Na actualidade, o Arquivo ocupa a totalidade dun espazo concibido inicialmente para albergar tamén a chamada Casa da Cultura e a Biblioteca Pública. Sitúase xunto ao Xardín de San Carlos, de carácter histórico, onde está situada a tumba do xeneral inglés Sir John Moore.

Ocupa 4 plantas de oficina e diferentes depósitos, en tres bloques unidos, con acceso ao público pola rúa San Carlos e xardín do mesmo nome. A distribución das diferentes dependencias é a seguinte:

  • Planta baixa: Sala de Exposicións Manuel Murguía, zona de recepción e Sala Vicente Álvarez de Neira.
  • 1ª planta: salas de consulta.
  • 2ª planta: dirección, secretaría, sala de xuntas e sala de conferencias.
  • 3ª planta: salas de traballos técnicos.
  • 4ª planta: laboratorios e talleres de restauración, microfilm e encadernación.

Actualmente a súa capacidade supera os 17 m lineais de andeis.

Exerce funcións de Arquivo Histórico Xeral de Galicia e de Arquivo Histórico Provincial da Coruña, e encárgase polo tanto da recollida, custodia e servizo da documentación, de ámbito galego ou provincial, que regularmente lle transfiren diversos organismos das administracións xudicial, central-periférica, institucional, corporativa e autonómica-periférica.

Datos de interese:

Declarado Ben de Interese Cultural desde 1985.

Directora: Carmen Prieto Ramos

Normativa:

Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, publicada no DOG núm. 191 do 7 de outubro de 2014 e no BOE núm. 28 do 24 de outubro de 2014.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión