Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

A música no Circo de Artesáns

Conferencia -con audicións musicais-, impartida por MARGARITA VISO SOTO , profesora, compositora, pianista e musicóloga, e por NILO JESÚS GARCÍA ARMAS, profesor, clarinetista e director de orquestra.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

19/05/2022

Ya ha finalizado

Horario:

20:00 h 

Dirección:

Centro Cívico Artesanos. Calle San Andrés 36, 2º. 15003 A Coruña

Requisitos:

PARA RESERVAR CHAMAR AO TELÉFONO DO CIRCO DE ARTESÁNS: 981-222976

A importancia desde o comezo do Circo pola presenza de ilustres músicos que dinamizaron a vida musical herculina.

A música era imprescindíbel para calquera actividade tanto social como cultural do Circo. Isto tiña unha proxección para o exterior como a organización dos entroidos da cidade. A música estaba presente, como ben di o nome da Sociedade, non só recreativa, senón tamén na parte instructiva coas aulas de instrumentos a cargo dos músicos do Circo para os fillos do socios. Alén diso, estes profesores era intérpretes de música de cámara de grande cualidade, como Pillado ou Castro «Chané».

Créase desde o inicio do Circo de Artesáns a Orquestra Sinfónica -a do Circo de Artesáns foi a primeira das galegas-, que aó longo do tempo aparece e desaparece, segundo as vicisitudes que pasa a Sociedade. Hai probas diso até mesmo no século XXI.

Esta conferencia-audición constitúe unha oportunidade única e especial para coñecer a fondo a brillante historia da música na cidade da Coruña, patrimonio tamén de todos os galegos e galegas.

Un excelente proxector, unha grande pantalla e o piano do Circo de Artesáns ilustrarán a exposición.

MARGARITA VISO SOTO

Realiza estudos no Conservatorio Profesional de Música e Declamación da Coruña. De piano con Jeannette Romero, de harmonía e contrapunto con Rogelio Groba. Amplía coñecementos con Mª Luisa Nache (canto), José Ferrer (trompa), Carlos López García Picos (composición), Eva Alcázar, Edith Picht-Axenfeld e Noemí Novara (piano).

Como compositora é autora de diversas obras de cámara e para voz e instrumentos. Pertence á Asociación Galega de Compositores.

A súa actividade como pianista acompañante incide principalmente no repertorio da música galega e española.

Como musicóloga ten investigado sobre compositores galegos principalmente, destacando os seus traballos sobre Marcial del Adalid e José Baldomir. Pertence á Sociedad Española de Musicología e á Irmandade da Música Galega.

Crea a editorial VISO (1997), adicada á publicación de música de autores galegos.

Profesora de Solfexo e Teoría da Música (Madrid, 1985) e Pianista Acompañante (Coruña,

1998). Desenvolveu o seu labor docente nos conservatorios de Zaragoza, de Ponferrada e da

Coruña. Xubilada no 2017.

En novembro de 2020 recibe o Premio da Crítica de Galicia, na sección de música.

_____________________________________________

NILO JESÚS GARCÍA ARMAS

Nace en Maracaibo, Venezuela, en 1981.

Comeza a súa formación musical con oito anos de idade no Conservatorio da Coruña.

Trasládase á cidade de Pontevedra para compaxinar os estudos de Clarinete coa Diplomatura de Educación Musical.

Posteriormente ingresa no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde estuda cos profesores Roberto Noche e Francisco Pérez.

Finaliza sus estudios Conservatorio Superior de Música da Coruña con Vicente Pérez Planells. Realiza diversos cursos coos profesores Manuel Juan López, Juan Navarro, Enrique Pérez Piquer, Lars Wouters, Walter Boeykens, Hans Deinzer y Andrew Marriner.

Colabora con numerosas bandas de Galicia, tamén colabora coa Banda de Música Municipal da Coruña. Acude como convidado no ano 2001, coa Banda Artística de Buñol (Valencia), co maestro Henry Adams, ao Certame de Bandas de Música de Kerkrade (Holanda), no que obtén o primeiro premio na sección especial.

Foi membro fundador do Cuarteto de Clarinetes Stadler, no que obtén o galardón ao mellor instrumentista, premiado coa participación no "Encuentro de Música y Academia de Santander" de 2005, onde recibe aulas maxistrais de Karl-Heinz Steffens, clarinete solista da Orquestra Filarmónica de Berlín.

En xullo de 2007 aproba as oposicións de profesor de conservatorio da Xunta de Galicia na especialidade de Clarinete. Exerce como profesor desde ese ano no Conservatorio de Música Profesional da Coruña, no que tamén dirixe a Banda Sinfónica.

Como director realiza cursos de dirección con Marcel Van Bree, Pascual Villaplana, Andrés Valero y Simone Fermani (profesor de Dirección de Orquestra do Conservatorio de Milán).

Exerceu como profesor e director da Banda do Conservatorio de Música Profesional de Melide, director da Banda de Música Municipal de Agolada desde xaneiro de 2007 até marzo de 2017. Foi organizador e director dos Campamentos Musicais de Verán de Agolada, como tamén o coordenador e director artístico do Campamento musical de Pontedeume.

Entre os anos 2016 e xuño de 2018 acude ao curso de dirección de orquestra da academia Op.23 en Valladolid, impartidos polos directores de orquestra Miguel Romea e Andrés Salado, sendo seleccionado para diferentes concertos con músicos da Orquesta Sinfónica de Castilla y León. Asiste a aulas de dirección entre 2017 e 2018 co director Juan José Ocón (director da Banda de Música Municipal da Coruña).

En xullo de 2018 exerce como director da Banda Xuvenil Galega no seu I Encontro, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP). Dirixe á Banda de Música Municipal da Coruña como director convidado en varias ocasións.

En 2019 acaba os estudos do Máster Universitario de Interpretación e Investigación Musical na Universidade Internacional de Valencia co seu traballo fin de máster coa calificación de 10.

Realiza actualmente o doutoramento na Universidade da Coruña.

Participa como en congresos como ponente e en publicacións.

No mes de xuño de 2021 outorgáronlle o Premio Amizade polo Rotary Club de Ferrol e Porto. Dirixe a Banda-Escola Municipal de Oleiros desde outubro de 2021.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión