Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

As fillas bravas de Momán, de Chévere

Inauguramos o programa Agra no Ágora de 2023 cun novo festival de artes escénicas para o mes de febreiro. Todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra.

¿A quién va dirigido?:

público en xeral, a partir de 12 anos

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

08/02/2023

Ya ha finalizado

Horario:

20:15 h 

Duración:

55 min

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

AS FILLAS BRAVAS son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira.

AS FILLAS BRAVAS viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen para reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva.

AS FILLAS BRAVAS é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores da cultura tradicional. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.

Querémonos achegar a algunhas zonas nas que intuímos que a muller gozou de autonomía, extraendo textos do cancioneiro que poidan alumear xestos de rebeldía e autoafirmación.

Cuestionar esoutro estereotipo que caracteriza a sociedade galega rural como conservadora, atrasada, inmobilizada, submisa, que reduce as mulleres ao ámbito privado da familia.

Porque no rural galego as mulleres non se limitaban a desempeñar un rol reprodutivo, senón que participaban de todas as tarefas do traballo no campo. De aí que a súa presenza na esfera pública da aldea fose un feito asumido e normal. Nos textos do cancioneiro popular galego atópanse testemuñas destes roles produtivos asumidos polas mulleres, da existencia habitual de relacións sexuais fóra do matrimonio, da denuncia de abusos, acoso e violacións, de prácticas anticonceptivas e abortivas, de autoafirmación da muller fronte ao home... Chévere é unha compañía de axitación teatral con máis de 30 anos de traballo ao lombo, que soubo manter con naturalidade unha proposta de creación propia tan irreverente como xenuína e un sólido compromiso social, político e cultural.

En 2014 Chévere recibiu o Premio Nacional de Teatro. Desde 1987 Chévere actuou en centos de vilas e cidades de toda Galicia, España, Portugal e outros países europeos, latinoamericanos e africanos. Fixo espectáculos de moi diferentes estilos e formatos e traballou en espazos pouco convencionais (rúa, barcos, aeroportos, circos, escaparates, ríos, peiraos, radios, bares, aulas). E mantivo aberta a Sala Nasa durante 20 anos, un espazo cultural independente en Santiago de Compostela. Usando o humor como filosofía, a risa como expresión e o pensamento crítico como ferramenta, as súas obras confrontan no escenario os debates do presente coa memoria dun pasado recente que nos afecta, documentándoo escenicamente cunha linguaxe contemporánea accesible a públicos diversos.

Exemplos deste modus operandi son traballos como N.E.V.E.R.M.O.R.E. (2021), Curva España (2019), Eroski Paraíso (2016), Ultranoite no País dos Ananos (2014), Eurozone (2013), a triloxía Citizen (2010-2011) ou Testosterona (2009).

Ficha artística:

En escena: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar

Idea e creación: Chévere

Dramaturxia e dirección: Xron

Escrita: Manuel Cortés

Comunicación: Xana García

Adestramento musical: Inés Portela

Caracterización e maquillaxe: Fany Bell

Produción executiva: Patricia de Lorenzo

Técnica en igualdade / Promove: Raquel Piñeiro

Unha produción Chévere, co apoio do Concello de Teo e Agadic.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión