Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias!
Bebés de 6 a 24 meses.
Bebés, Familias
25/05/2024
Desde el 18/05/2024 hasta el 25/05/2024
Require inscrición.
11.30 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
10
981 189 886
Chega finais de maio e con el a celebración do fin de curso dos Bbencontros 2023-2024. Na Biblioteca Ágora festexarémolo en familia co espectáculo Glub!, da man do actor, director, docente e produtor Ramiro Neira (Ribadavia, 1977).
Sobre Glub!
Hai momentos para compartir... Ten que haber momentos para compartir!!!
Hai que levar ás crianzas á escola infantil, ir traballar, recollelas na escola, facer a compra, ir ao banco, ao médico, coller o teléfono, volver á oficina porque tivemos un problema no traballo, levalas ao parque...!!!!!
Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos desfrutar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso/a pequeno/a... é o momento do baño!
Onde as burbullas de xabón convértense en historias, soños, contos...
Sobre Ramiro Neira
Diplomado en Maxisterio, especialista en Audición e Linguaxe, con ampla experiencia en Galicia como actor, director, docente, produtor e distribuidor de diferentes espectáculos de teatro. Como actor traballou e traballa don diferentes grupos de teatro: Artestudio Teatro, Sardiña, Tea, Estragón, Grupo Institucional da Universidade da Coruña, Teatro da Bufarda, Espello Cóncavo, Teatro da Lúa, Casa Hamlet, Patatín e Patatán.
Como docente e director coordinou grupos en Sardiña, Gangarilla, Instituto María Casares, Centro Fonseca, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Concello de Ordes, Fogar do Maior do Barrio das Flores, Artestudio, Forum Metropolitano, entre outros.
Na actualidade compaxina os seus traballos como docente, actor e director coa coordinación de distintos proxectos do Concello da Coruña como son o Programa Horas Punta, Mostra de Teatro Escolar e os Encontros de Teatro Independente da Coruña.
También te puede interesar
10/05/2024
10/05/2024
Desde el 03/05/2024 hasta el 10/05/2024
Require inscrición
10/05/2024
Entrada libre ata completar a capacidade
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible