Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

"Brincadeiras da lingua", de Migallas Teatro

Novo espectáculo de Migallas Teatro baseado na serie audiovisual do mesmo nome.

A quién va dirigido:

Familias, Infancia

Cuándo:

24/05/2022

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Desde el 20/05/2022 hasta el 24/05/2022

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 2 ata 4 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

50 min aprox.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de plazas:

18 crianzas por sesión

Precio:

De balde e con inscrición previa

"Brincadeiras da lingua" ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie audiovisual do mesmo nome.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:  "Brincadeiras da lingua", de Migallas Teatro, ás 17.00 h  e  "Brincadeiras da lingua", de Migallas Teatro, ás 18.30 h  para os que se haberá que inscribir previamente  en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 18 familias (crianza + persoa adulta).

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión