Despois deste período tan complexo e diferente por causa da alarma sanitaria polo coronavirus, este verán súmase aos nosos campamentos do Ágora e o Fórum Metropolitano a colaboración co Consorcio para a Promoción da Música, con músicas e músicos da OSG. Co obxectivo principal de favorecer a conciliación familiar na “nova normalidade” e o de favorecer a mesma idea de sempre: xogar, aprender e desfrutar fomentando a educación en valores e descubrindo diferentes temáticas dun xeito seguro e divertido, tratando de experimentar novas formas de ocio alternativo.
Poderán participar as nenas e nenos nadas/os entre 2016 e 2008, e ademais das mozas e mozos nadas/os entre 2003 e 2007, agrupadas/os por idades.
Os grupos en colaboración coa OSG organizaranse en dous tramos de idade: de 6 a 11 anos e de 12 a 17 anos.
Os grupos serán como máximo de 15 participantes (pendentes das instrucións que a Xunta de Galicia dite ao respecto).
Para público en xeral
Dende o 22/06/2020 ata o 29/08/2020
PLAZAS AGOTADAS
Xa rematou
CAMPAMENTO: de 10.00 a 14.00 h ou de 16:00 a 20:00 h
Coa posibilidade de ampliación horaria para a conciliación familiar:
MODALIDADE A: 10.00 a 14.30 h
MODALIDADE B: 9.00 a 14.00 h
MODALIDADE C: 9.00 a 14.30 h
MODALIDADE D: 8.30 a 14.00 h
MODALIDADE E: 8.30 a 14.30 h
Haberá unha pausa de 11.45 a 12.00 para comer a merenda (que cada participante traerá da súa casa).
A cota é por participante e quenda, e varía de custo en función da opción elixida:
Ampliación horaria, coas seguintes modalidades:
As modalidades de ampliación horaria, así como os grupos con horario de tarde só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.
📣📣📣AVISO IMPORTANTE‼️‼️
El número de cuenta correcto para realizar el pago de los campamentos es el siguiente
ES81 2080 0380 6230 4000 5657
* QUEDA CERRADO EL TURNO 3. SOLAMENTE ADMITIREMOS INSCRIPCIONES PARA EL TURNO 4 Y 5 DEL CENTRO ÁGORA.
Propoñemos que os nenos e as nenas e, por primeira vez, tamén a xente nova da nosa cidade, teñan ao longo dos meses de verán unha oferta variada de actividades de lecer, fundamentalmente motrices (xa que lles fai falta xogar ao aire libre e desafogar) ademais de propostas plásticas, musicais, teatrais, de expresión oral e escrita, de lóxica matemática, audiovisuais, informática...todas elas tecidas arredor dunha temática común.
LEMBREN!
• SORTEO PÚBLICO: 3 de xuño ás 12.00 h, en cada sede.
• PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS: 9 de xuño ás 10.00 h, na web municipal e na de Cultura e no servizo telefónico 010
** Os campamentos deben adaptar o número de participantes por quendas, pasarán dos 15 ofertados inicialmente a 9 asistentes en cada unha. A dita adaptación faise necesaria para cumprir as condicións para realizar actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil publicadas no BOE número 153 do sábado 30 de maio.
* NÚMEROS RESULTANTES DOS SORTEOS EN CADA UNHA DAS SEDES
** ¡AVISO!
PLAZAS LIBRES EN EL CENTRO ÁGORA PARA LOS TURNOS 4 Y 5
Si están interesados hoy viernes 19 de junio a partir de las 9.00h hagan su solicitud mediante los formularios y en pocos minutos les confirmaremos su plaza si la tenemos y el procedimiento para abonarlos.
La adjudicación es por riguroso orden de inscripción. 🌈
FORMULARIOS PLAZAS LIBRES (FORULARIOS CERRADOS)
Ágoraco a OSG https://forms.gle/Yn2x6BbNCSJH4T6S9
Por favor, en caso de dúbidas poderase consultar telefonicamente chamando ao servizo telefónico 010 de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h. Grazas
Documentos relacionados
09/12/2024
Dende o 02/12/2024 ata o 09/12/2024
Require inscrición.
10/12/2024
Dende o 03/12/2024 ata o 10/12/2024
Require inscrición
13/12/2024
Dende o 07/12/2024 ata o 13/12/2024
Require inscrición
14/12/2024
Dende o 07/12/2024 ata o 14/12/2024
Require inscrición
20/12/2024
Dende o 13/12/2024 ata o 20/12/2024
Require inscrición
Dende o 23/12/2024 ata o 07/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible