"Vidas cantadas" é o noso espectáculo que recolle as vivencias coas que Leilía nos agasallou ao longo dos máis de trinta anos xuntas, que nos permiten dicir que levamos unhas Vidas Cantadas, como cantadas eran as vidas das mulleres das aldeas que nos aprenderon canto sabían e das que nós bebemos o zume da terra.
Para público en general
28/06/2023
Ya ha finalizado
20.15 h (a esta hora pecha a porta de acceso)
75 min
Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Como todas as actividades do programa Agra no Ágora, a entrade é de balde. Non fai falla reserva ningunha; as butacas ocúpanse por orde de chegada, ata completar a capacidade.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
Afrontamos este traballo como un elo máis da cadea que une as nosas orixes, con cada unha das aprendizaxes adquiridas ao longo destes anos.
Retomando vellas cancións do noso repertorio -coas que nos demos a coñecer- facémolas nosas de novo, e sendo as mesmas melodías teñen outro aire, igual ca nós, que sendo as mesmas mulleres xa temos o pouso co que Leilía nos envolve e engalana.
"Vidas cantadas" é unha aposta integral, un proxecto no que cadran orixe e fin, pechamos o círculo e dentro del teñen cabida ilusións, premios, colaboracións, recoñecementos, viaxes, amizades..., e unha infinidade de vivencias que nos fan sentir agradecidas e orgullosas do que Leilía significa para cada unha de nós e tamén para a música deste país.
Este concerto, como toda a programación Agra no Ágora, de colaboración entre a Asociación Veciñal Agra e o Concello da Coruña, ten a entrada libre e gratuíta.
Elenco: Ana Rodríguez, Felisa Segade, Mercedes Rodríguez, Montse Rivera, Rosario Rodríguez e Patricia Segade conforman desde 1989 o grupo Leilía. Unha das apostas máis relevantes da música folk galega que leva trazando camiños entre a tradición e a innovación.
19/05/2024
19/05/2024
21/05/2024
23/05/2024
24/05/2024
24/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible