Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Concurso de debuxo e adorno de Nadal 2023

A Concellaría de Deportes convoca o tradicional concurso de debuxo e adorno de Nadal dirixido ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais que só terá que poñer en marcha as súas habilidades creativas e imaxinar un Nadal o máis deportivo posible.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 29/11/2023 hasta el 11/12/2023

Ya ha finalizado

Organiza:

Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña

Documentos:

Bases do concurso de Debuxo e Adorno Nadal 2023 (240 KB)

Formulario de participación (128 KB)

1. Concurso de debuxo "TARXETA NADAL E O DEPORTE".

  • Participantes: alumnado das Escolas Deportivas Municipais nado entre 2012 e 2017 (6-11 anos). Só se aceptará un (1) debuxo por participante.
  • Formato: libre, cunhas dimensións máximas de 210x297mm. (DIN A4) e poderá presentarse tanto en vertical como en horizontal.
  • Forma de presentación: o debuxo non debe levar o nome da persoa participante e deberá vir dentro dun sobre, acompañado doutro sobre cerrado co formulario de participación cuberto.
  • Lugar de presentación: ao profesorado ou na conserxería do Palacio de Deportes de Riazor.

2. Concurso de "ADORNO DE NADAL". 

  • Participantes: unidades familiares, co único requisito de que un dos membros que a compoña sexa alumno ou alumna das Escolas Deportivas Municipais. Só se aceptará un (1) adorno por unidade familiar.
  • Formato: libres, cunhas dimensións máximas de 1x1x1m. (1 m3), empregando obrigatoriamente materiais reciclados.
  • Forma de presentación: deberase presentar nunha caixa, cun sobre dentro con formulario de participación. Tanto o sobre como a caixa deberán ir cerrados.
  • Lugar de presentación: ao profesorado ou na conserxería do Palacio de Deportes de Riazor.

CUESTIÓNS COMÚNS ÁS DÚAS MODALIDADES

  • O prazo de presentación dos debuxos e adornos de Nadal remata o luns 11 de decembro ás 15.00 horas.
  • Os sobres así como o formulario de participación estarán dispoñibles na conserxería do Palacio de Deportes de Riazor. O formulario tamén se pode descargar nesta páxina.
  • Realizarase unha exposición dos traballos presentados  na entrada do Palacio Municipal dos Deportes de Riazor dende o día 15 de decembro de 2023 ata o 7 de xaneiro de 2024.
  • Establécense 3 premios por modalidade:
    • 1.º premio: material deportivo por valor de 100 €. O debuxo gañador poderase empregar para a tarxeta de felicitación da Concellería de Deportes.
    • 2.º premio: material deportivo por valor de 50 €
    • 3.º premio: material deportivo po valor de 25 €
  • Todas as persoas participantes recibirán un agasallo.
  • As datas e lugar de entregas de premios e agasallos publicaranse nesta páxina web.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión