As Bibliotecas Municipais da Coruña en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, organiza un ciclo de contacontos para nenos e nenas.
De 3 a 7 anos
Infantil, Familias
28/09/2023
Ya ha finalizado
Desde el 21/09/2023 hasta el 28/09/2023
Require inscrición
Das 18.00 ás 19.00 horas
Biblioteca Municipal Castrillón. Plaza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
30
O vindeiro xoves 28 de setembro ás 18.00 horas temos un contacontos organizado en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, dirixido a nenos e nenas de 3 a 7 anos, na Biblioteca Municipal Castrillón.
"Son Mariña!" é a historia dunha nena que diagnostican de celiaquía. A través da pequena Mariña, a cativada pode comprender tanto os sentimentos da nena como as cousas que debemos ter en conta cando temos unha persoa coñecida con celiaquía. Este conto fomenta a inclusión na sociedade das persoas con necesidades diferentes.
A historia cóntase a través de dous narradores, Pandoso, un osiño moi despistado, e o Doutor Neutronio, un científico. A través de xogos, cancións e bailes conseguen que os nenos e nenas se divirtan e á vez aprendan acerca da enfermidade celíaca, a dieta sen glute, e a importancia dunha alimentación saudable, ademais de adquirir valores como a inclusión, o respecto e a igualdade.
ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo fundamental é axudar a todas as persoas afectadas pola enfermidade celíaca e dermatite herpetiforme.
Actividades relacionadas

06/04/2026
Desde el 03/04/2026 hasta el 06/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

07/04/2026
Desde el 03/04/2026 hasta el 07/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

09/04/2026
Desde el 06/04/2026 hasta el 09/04/2026

10/04/2026
Desde el 06/04/2026 hasta el 10/04/2026
Require inscrición

11/04/2026
Desde el 04/04/2026 hasta el 11/04/2026

12/04/2026
A venda de entradas activarase o 10 de abril ás 11:00 h.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible