Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Conversa arredor de "Venecia abandonada" poemario de Eduardo Estévez

Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) terá lugar a próxima cuarta-feira (mércores) 14 de setembro ás 20.30h, o lanzamento da obra poética "Venecia abandonada" de Eduardo Estevez, editada por Posivitvas. O autor estará acompañado polo tamén poeta Ramiro Torres.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

14/09/2022

Ya ha finalizado

Horario:

20:30 h 

Dirección:

Calle Vila de Negreria (Livraria Suévia) 32. 15011 A Coruña

Organiza:

Livraria Suévia

Contacto:

981 90 76 38

É VENECIA ABANDONADA un libro de poemas en prosa escrito por Eduardo Estévez, que ten como fío condutor o paseo dun viaxeiro solitario por unha Venecia distópica que quedou deshabitada de forma imprevista. É unha reflexión sobre o lugar, os espazos comúns, o modo en que estes lugares se entrelazan coas marcas da cultura que os ordena; sobre o abandono, a transcendencia da pegada humana nos espazos físicos e as escollas que as persoas fan cando teñen que deixar atrás un lugar.

Os textos do libro dialogan coa música do Grupo 1500 (Belén Bermejo, Andrés Díaz e Pablo Ruibal): un conxunto de pezas que xiran arredor dos múltiples tópicos cos que se identifica a República Serenísima de Venecia. Obras escritas e musicadas en italiano antigo, latín, castelán e galego, o groso delas publicadas nas imprentas de música que funcionaban en Venecia no 1500.

O concepto do conxunto (e a súa orixinalidade) procura tender pontes con dous polos xeográficos e dous polos temporais. Venecia e Compostela, o século XVI e o XXI. Catro grandes imáns da cultura que interactúan para construír unha gran metáfora dos tempos que nos toca vivir. A imaxe da cidade deshabitada nos poemas e a música dos séculos finais da Idade Media e comezos do Renacemento, proxéctanse sobre as rúas abandonadas na Compostela da pandemia en arranxos escritos e interpretados por músicos galegos do século XXI.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión