Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción
  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Docs do mes: Honeyland de Ljubomir Stefanov e Tamara Kotevska

Nunha rexión remota e montañosa dos Balcáns, Hatidze Muratova vive coa súa nai enferma nunha aldeíña sen estradas, nin electricidade nin auga corrente.

Cando:

01/09/2020

Este evento xa rematou

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permite o acceso á sala.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 € (carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

**É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder á sala na que se realizará a proxección.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organizador:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

agora@coruna.es

Ela dedícase a criar colonias de abellas nunhas cestas feitas á man que deixa escondidas entre as rochas. Grazas a un ritual secreto, o prezado líquido que producen non se esgota nunca. Sen protección nin axuda, é capaz de amansalas para poder extraer o mel e vendelo na cidade máis próxima.

A chegada dunha familia nómade coa súa furgoneta escacharrada, sete fillos inquietos e un rabaño de gando parece estorbar a paz de Hatidze e das súas abellas. Nun primeiro momento, recíbeos cos brazos abertos, ofrécelles o seu afecto, o seu brandy e os seus consellos de apicultura. Pero non pasa moito tempo antes de que Hussein, o patriarca da familia nómade, visualice a oportunidade para poñer en práctica os seus intereses comerciais co mel para poder alimentar os seus nenos e as súas nenas.

A pesar de que a chegada da familia lle proporciona compañía e alivio á soidade de Hatidze, tamén provoca unha desfeita na orde natural da zona e unha ameaza aos seus medios de supervivencia. Un retrato sobrecolledor que fala sobre a desaparición dunha forma de vida, e que evidencia o fráxil equilibrio entre humanidade e natureza a través da mirada dunha muller resiliente e extraordinaria.

Macedonia 2019 - duración 85 min

VO en dialecto turco, subtitulada en castelán

PREMIOS E FESTIVAIS

Nomeamento a Mellor película internacional · Premios Óscar (Estados Unidos, 2020)

Nomeamento a Mellor Documental · Premios Óscar (Estados Unidos, 2020)

Premio a Mellor Documental · DocsBarcelona (Barcelona, 2019)

European Documentary · European Film Awards (Alemaña, 2019)

Visions du Réel (Suíza, 2019) Mellor película internacional · DocAviv Film Fest (Israel, 2019)

Venda de entradas:

Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes de Ágora: día de proxección desde 2 h antes (só se quedan localidades)

Venda telefónica: 662 867 109

Para comprar entradas en liña pulse aquí

Tamén pode interesarche...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión