Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición "Converxencias, arte e ciencia: Escher"

A exposición, organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro do programa "A Coruña das ciencias", para a difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña e de toda Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025

Xa rematou

Formulario de inscrición

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

A exposición "Converxencias, arte e ciencia: Escher" trátase dun exposición interactiva que permite unha aproximación lúdica aos fenómenos científicos coa finalidade de enganchar á xente nova ao gusto pola ciencia.

O núcleo central é a obra de Maurits Cornelis Escher (1898-1972), especialmente a realizada a partir de 1937.

Escher é un dos artistas contemporáneos máis recoñecido e encomiado pola comunidade científica internacional, que considera a súa obra como un símbolo da relación entre a arte e a ciencia. Unha icona universal apaixonada polo coñecemento que utilizou as matemáticas, a astronomía, a óptica, a cristalografía e a xeometría nas súas creacións artísticas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión