Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Fernando Jose Pereira: A persistência desobediente. Rui Manuel Vieira: O nudo sen palabras do olvido

A Fundación Luis Seoane, en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, acollerá o xoves 9 de maio, ás 18:00 horas, a proxección de A persistência desobediente de Fernando José Pereira e O nudo sen palabras do olvido de Rui Manuel Vieira.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

09/05/2019

Ya ha finalizado

Horario:

18:00 h

Dirección:

Fundación Luis Seoane. Calle San Francisco 27. 15001 A Coruña

Precio:

Libre ata completar a capacidade

Dúas películas de 16 e 45 minutos de duración respectivamente centradas en diferentes aspectos da guerrilla antifranquista en Galicia, máis coñecida como maquis.

En A persistência desobediente, Fernando Jose Pereira (Oporto, 1961) evoca a noite anterior á execución de Benigno Andrade, alias Foucellas, unha das figuras máis coñecidas da resistencia á ditatura franquista, cuxa actividade traspasaría as nosas fronteiras. A película afonda no esquecemento forzoso e no silenciamento imposto polos gañadores da Guerra Civil á memoria de personaxes e eventos por partida dobre, no pasado e no presente. Con esta obra, o artista portugués rescata acontecementos do pasado coa fin de empregalos como ferramentas de compresión do presente, no que aínda prevalece unha desmemorización forzosa e consciente. A obra de Fernando Jose Pereira regresa á Fundación Luis Seoane máis de dúas décadas despois de presentar a súa instalación A utopía do exilio na institución. Nesta ocasión, como xa é característico dentro da súa traxectoria, facendo uso da tecnoloxía como plataforma de reflexión acerca dos conceptos de memoria, tempo e temporalidade na arte.

As ideas de memoria e tempo na fotografía e no cine caracterizan a práctica artística de Rui Manuel Vieira (Oporto, 1984), que en The Oblivion's Wordless Knot (O nudo sen palabras do olvido) reflexiona acerca da instantaneidade e da prevalencia que caracterizan o noso presente, nunha peza na que o artista afonda nas tres dimensións do tempo, así como no esquecemento e na fraxilidade da memoria, utilizando o pasado poder mirar cara adiante. Vieira recupera a actividade do maquis galego como exemplo dos 'tempos de rebelión' ou 'tempos rebeldes', esforzándose por rescatalos do esquecemento e do silencio ao igual que no caso da película de Fernando Jose Pereira.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión