O vindeiro mércores 13 de Marzo comeza o ciclo Habitar a Palabra coa leitura da correspondencia carcelaria de condeados a morte na guerra civil e na represión franquista. Na leitura estaremos acompañados de familiares e investigadores Ademais, a convocatoria está aberta á participación de todos os veciños para ler, comentar ou acompañarnos nesta xuntanza.
Para público en general
Desde el 13/03/2019 hasta el 27/03/2019
Ya ha finalizado
de 18:00 h a 20:00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Calle Panaderas 12. 15001 A Coruña
Asociación para a recuperación da memoria histórica
Todo o acto será gravado en video para posteriormente recollelo nun Documental.
· Será na Casa Museo Casares Quiroga de 18h a 20h. O espazo está intevido cos testumuños dos presos políticos presos no cárcere de A Coruña.
· O ciclo completaráse coas seguintes actividades en días posteriores:
Mércores 20 de Marzo: Mesa redonda e presentación do libro "Le temps des cerises" de Ángel Cardin. Testemuña de Ángel Cardín expreso político a través do seu libro.
Mércores 27 de Marzo ás 19.30h: Conferencia de Xesús Alonso Montero sobra as cartas dos presos condeados a morte.
Organiza a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) e o Concello da Coruña.
HABITAR A PALABRA: CONVOCATORIA DE LEITURA E PARTICIPACIÓN CIDADÁ O MÉRCORES 13 DE MARZO DE 18H A 20H
Habitar a palabra convida a participar no territorio da Memoria a través das lembranzas dos presos políticos e as cartas.
Na última soidade dos presos condeados a morte, a correspondencia carcelaria é o refuxio dos sentimentos. Cartas dirixidas ás suas nais, aos fillos, aos camaradas,... e a nós.
Coas voces de actores e actrices, comezaremos o mércores 13 de Marzo ás 18h a leitura das cartas dos presos no cárcere da Coruña silenciados pola guerra civil e a represión. En cada leitura abriráse un tempo á intervención cidadá: familiares, investigadores e veciñanza compartirán as súas impresións na forma que desexen (comentario, carta, poema,...). Xuntos construiremos un lenzo postal coas respostas do presente, 70 anos despois.
O encontro vai ser gravado en vídeo para posteriormente recollé-lo nun documental.
Tanto o documental coma o lenzo postal estarán expostos ata o 27 de Marzo na Casa Museo Casares Quiroga. Un buzón seguirá recollendo as notas dos visitantes á exposición e, todos os días á tardiña, serán unidas ao lenzo.
O espazo estará intervido con táboas da lembranza: testemuños dos presos políticos do seu paso polo cárcere, desde o primeiro ao último franquismo.

18/05/2026
Acceso libre hasta completar capacidad
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible