No ciclo ILUSIOOOÓH!N 2023 reúnense seis espectáculos multidisciplinares onde as artes do circo, a danza acrobática, as artes escénicas e a música en directo se fusionan para ofrecer novas propostas frescas e innovadoras cargadas de forza e sensibilidade.
Para público en general
Desde el 07/10/2023 hasta el 02/12/2023
Ya ha finalizado
20.00 h
Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
9,00 € (persoas desempregadas, Carné Xove, +65 anos e menores de 12 anos: 7,00 €) e abono 3 (de venda só nos despachos de billetes): 21,00 €.
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo agora@coruna.gal
IMCE
agora@coruna.gal
Pensados en principio para público xuvenil e adulto, pero que nesta edición está máis enfocada a que os/as pequenos/as da casa tamén poidan gozar do teatro-circo.
Os espectáculos de circo que presentamos no ciclo Ilusiooóh!n redefinen e amplían os límites creativos do circo tradicional. É unha experiencia indescritible, ao mesmo tempo divertida, conmovedora e xenial imposible apartar os ollos do escenario. É unha fascinación total!
Os/as artistas bríndannos actuacións incribles, nunha combinación de teatralidade, escenografías novidosas e tramas sonoras atrapantes. Con personaxes cheos de humor e emoción: do pallaso coruñés, MARTÍN MELINSKY, ao humor e a emoción do flamenco do multipremiado espectáculo de malabares de CHICHARRON CIRCO FLAMENCO; con acróbatas e malabaristas audaces, impresionantes, cheos de forza e axilidade: desde un dúo de acróbatas marabillosos en mastro dobre, COLECTIVE PRIMAVEZ, pasando polos pórtelos acrobáticos con canto en directo do KOLECTIVO KONICAS, e que dicir da acróbata con aros premio de investigación circense de PROXECTO TRÁNSITO, sen esquecer os malabares, o bambán ruso e o humor de CIRK ABOUT IT.
Ademais, o ciclo ILUSIOOÓH!N 2023 centrará os seus esforzos na creación de novos públicos, realizando, despois dalgunha das funcións, un encontro da compañía co público que o desexe, coñecendo a algúns dos artistas e as súas disciplinas circenses, conversando sobre os deseños de vestiario, de son e a escenografía, para comprender mellor a realidade destes artistas e artesáns excepcionais.
A integración no proxecto "Circo a escena" por terceiro ano consecutivo, promovido pola Rede Española de Teatros e Auditorios, é unha grande oportunidade para consolidar e ampliar a nosa grella programática de artes escénicas do IMCE, equilibrada en canto a disciplinas, e de continuar apostando por unha programación estable de circo no Ágora a través do ciclo ILUSIOOÓH!N.
Déixate levar ao mundo máxico do Circo, levarás recordos inesquecibles e a sensación de ver actuacións artísticas únicas!
VENDA DE ENTRADAS:
PAGAMENTOS: no despacho de entradas da praza de Ourense, do Ágora e na televenda con tarxeta de débito ou de crédito, agás American Express.
Actividades relacionadas

20/12/2025
Entradas a la venta el 17 de julio de 2025 desde las 12.00 h

Desde el 19/12/2025 hasta el 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Los días 27/12/2025, 28/12/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible