VÍDEO EXPOSICIÓN
Para público en xeral
Dende o 03/12/2022 ata o 30/04/2023
Fundación Luís Seoane
info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
Lenzos e partituras é unha serie web documental que explora as confluencias entre a música e as artes visuais do século XXI. Promovido polas asociacións culturais AÏS e Alexandre Bóveda, o proxecto nace durante o nadal de 2020 co obxectivo de proporcionar un espazo a diferentes creadores da cidade da Coruña para establecer conexións entre distintas disciplinas artísticas e favorecer deste xeito a difusión dos seus procesos de traballo, limitados nese momento pola pandemia.
Dirixida polo compositor Hugo Gómez-Chao, con guión e voz da actriz Chus Álvarez, a serie amosa o diálogo que estableceron creadores e intérpretes ao longo de once capítulos, dez sobre artistas plásticos e un especial acerca da exposición colectiva "Un mundo que sofre baixo un manto de flores" na que se recolleron os traballos froito das diferentes colaboracións. Agora, o proxecto transfórmase nun vídeo exposición na Fundación Luís Seoane que recolle a totalidade da serie nunha montaxe audiovisual que busca difundir unha iniciativa na que participaron preto de medio centenar de artistas.
Artistas: Soidade Penalta, Noè Rodrigo Gisbert, Xurxo Gómez-Chao, Florian Vlashi, Rediana Lukaçi, Jesús Núñez, Pedro Galilea, Berthold Hamburger, Julia Ares, Rafael Fernández Rodríguez, Luisa Valdés, Sergio Delgado, Gosia Trebacz, Wilson Ortega Rueda, Emile Gireu, Teo Soriano, Yolanda Dorda, Despina Ionescu, Tomás Ionescu, Iria do Castelo, Pablo Coello, Ruslana Prokopenko, Wladimir Rosinskij e Exposición colectiva "Un mundo que sofre baixo un manto de flores"
Dende o 12/01/2023 ata o 12/02/2023
Dende o 20/01/2023 ata o 12/03/2023
Dende o 18/01/2023 ata o 09/04/2023
O vindeiro mércores 18 de xaneiro, ás 20.00 horas, a Fundación Luís Seoane acollerá a inauguración de Manancial de sombras, a nova exposición de Xulio García Rivas, un proxecto comisariado por Sara Donoso que amosa a produción máis recente do artista pontevedrés. A entrada ao acto é libre.
Dende o 05/09/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible