Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Luar na lubre no AgoraSón da primavera 2022

Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón 2022, con Luar na lubre en concerto.

¿A quién va dirigido?:

Cidadanía en xeral

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

21/05/2022

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Desde el 16/05/2022 hasta el 20/05/2022

Dende o luns 16 de maio, entregaranse un máximo de dous convites por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

De sobraren convites, estarán ao dispor do público xeral o mesmo día do concerto (21 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.

Horario:

21.00 h

 

Duración:

100 min aprox.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

De balde con convite

Organiza:

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo: lingua@coruna.gal 

A banda nacida na nosa cidade protagoniza o AgoraSón primavera 2022

O Servizo de Normalización Lingüística, o 21 de maio ás 21.00 h, volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo das Letras Galegas e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), este ano incluído dentro da programación do festival PrimaLetras das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Esta edición do AgoraSón terá como protagonista a banda Luar na lubre, formación recoñecida en todo o mundo e grupo lendario do noso circuíto musical. Con máis de 35 anos de traxectoria musical, a banda segue a ser un exemplo de produción de calidade que en 2020 presentou Vieiras e vieiros, historias de peregrinos, un traballo de nada menos que 27 temas para situar nun inminente ano Xacobeo e homenaxear, co mellor folk, a todas e todos os romeiros que atravesan o Camiño desde hai centos de anos. Mais non só escoitaremos virtuosismo instrumental, senón tamén lendas, tradicións e mitos que percorren o Camiño cara a Compostela: desde o Grial do Cebreiro ata o tradicional Don Gaiferos, pasando polas cancións populares da peregrinaxe de Galicia e, tamén de alén dos Pirineos. Unha romaría musical, espiritual e romántica que non podedes perder. Este traballo cheo de historia será o eixe deste concerto do AgoraSón.

O evento terá lugar no auditorio do Centro sociocultural Ágora o día 21 de maio ás 21.00 horas.

A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de convite nas bibliotecas municipais. 

CONVITES

Repatiranse os convites, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o luns 16 de maio nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de reparto: en horario de mañá e horario de tarde.

Horario de mañá: a partir das 9.00 h, salvo na Biblioteca de Durán Loriga, que será a partir das 12.00 horas.

Horario de tarde: a partir das 16.00 h, agás no Punto de Servizo de Mesoiro, que será a partir das 17.30 horas.

Repartiranse dous convites por carné.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión