#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en general
09/02/2026
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 9 de febreiro ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a Charla "O ceo de Rosalía" a cargo de Martin Pawley.
Acceso libre até completar capacidade.
Organizado pola Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira, Os Castros, e coa colaboración da Agrupación Astronomia Coruñesa Ío.
RESUMO:
Relatorio sobre astronomía a partir dos textos de Rosalía de Castro. Nesta palestra repasaremos a presenza de elementos astronómicos na obra poética e narrativa de Rosalía de Castro e valerémonos da súa escrita para falar da orientación a partir do firmamento, os planetas, a radiación que nos permite coñecer mellor o Universo e mesmo a contaminación luminosa.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador de festivais e produtor, cunha ampla traxectoria na divulgación científica, especialmente en temas relacionados coa contaminación lumínica. Coordinador do grupo de traballo sobre contaminación lumínica da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, colaborou en múltiples iniciativas de divulgación, incluíndo conferencias, artigos en revistas científicas como Astronomía. Tamén foi programador da Mostra de Ciencia e Cinema na Coruña e participou na produción de documentais científicos.
También te puede interesar

02/02/2026
Acceso libre hasta completar capacidad

02/03/2026
Acceso libre até completar capacidade
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible