Concerto do Cuarteto deBiselas, un proxecto multidisciplinar que fusiona música, literatura e imaxes.
Para público en general
18/07/2026
19:30 h
Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.
agra@galizacultura.gal
O cuarteto deBiselas nace na primavera de 2016, cando as súas catro compoñentes están en vías de finalizar os seus estudos na aula de frauta do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Trátase dun proxecto que quere dar a coñecer a frauta travesa a través da súa sonoridade en ensemble. Ademais cómpre destacar que deBiselas é un colectivo multidisciplinar. Nel fusiónanse o sentido auditivo e o visual nun formato dinámico no que o público pode establecer correspondencias entre o sonoro e o plástico.
Buscan non acudir ao habitual illamento das artes, conxeniando música, ilustracións e texto.Son moitos os fíos que unen as súas catro vidas, e aínda que se coñecen tocando a frauta descubren que son quen de rir xuntas polas alegrías, de chorar xuntas polas penas e de se enfadar xuntas polas inxustizas. Iso si, se todo iso pode ser arredor dunha mesa e unha boa merendola, mellor que mellor!deBiselas quere convidarvos a este picnic, no que son quen de pasar dun brinde a un asasinato sen o máis mínimo remorso de conciencia.
Desconcertar en concerto é a súa intención, pois deBiselas é máis ca un clásico cuarteto de frautas.Nesta merendola desconcertante ofrecen varias pezas musicais, algunhas delas compostas orixinariamente para frautas travesas e outras chegadas mediante arranxos para os nosos instrumentos. Autorías de Franco Casarini, Raimond Guiot, Rosendo Mato Hermida, Carlos Gardel ou Satoshi Yagisawa, entre outras, nutren un variado repertorio que fará as delicias dos ouvidos máis esixentes.
Os textos literarios son escolmas de históricos autores, como A.D.R. Castelao e plumas actuais como a de Esther Carrodeguas, Fran Gómez e Mª Xosé Silvar. Estes textos chegan ao público ben na voz das propias integrantes do cuarteto, ben mediante voces en off, previamente gravadas por actrices do Teatro Airiños de Asados (Rianxo).
Cada unha das frautistas deste cuarteto está formada en senllos eidos relacionados coa cultura e, neste caso, Carlota Salgado Leal é a creadora dos contidos gráficos orixinais para estamerendola desconcertante. As outras integrantes do cuarteto son: Sabela Galbán, Bea Rodríguez e Valeria González.
Este concerto do Festival Pétalos de Igualdade. Flor de vida, como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

14/07/2026

16/07/2026

Los días 05/08/2026, 06/08/2026, 07/08/2026, 08/08/2026, 09/08/2026

09/08/2026

Los días 09/09/2026 a la 01:00 , 10/09/2026

19/09/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible