Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso

Moscoso Cosmos: O universo visual de Victor Moscoso trae ao noso país unha ampla selección do traballo dun dos deseñadores gráficos máis orixinais e influíntes do século XX e é a maior exposición retrospectiva do autor ata hoxe.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 14/04/2021 hasta el 10/10/2021

Ya ha finalizado

Dirección:

Fundación Luis Seoane. Calle San Francisco 27. 15001 A Coruña

A presente mostra reúne a célebre serie de carteis de rock psicodélico realizados en apenas oito meses durante os anos 1966 e 1967 e catorce números da revista underground Zap Comix, editada ao longo de corenta anos con artistas como Robert Crumb ou Rick Griffin. Xunto a estes dous eixos, inclúese outra selección de carteis, cubertas de discos, cómics, ilustracións para libros e revistas, animacións e fotografías biográficas que completan un percorrido marcado por imaxes icónicas da segunda metade do século XX.

Distribuída en dúas salas da Fundación Luis Seoane, exporase a obra gráfica orixinal de Victor Moscoso -pertencente na súa maior parte á colección do Concello da Coruña, a maior colección pública do artista en Europa-, proxectaranse as súas animacións e instalarase unha sala dedicada aos seus espectaculares carteis cinéticos, ademais doutros elementos que axudan a comprender as particulares aportacións e método de traballo do artista.

Moscoso Cosmos: o universo visual de Victor Moscoso é unha coprodución da Fundación Luis Seoane da Coruña, o MUSAC de León e o Centro Niemeyer de Avilés, e conta coa colaboración de Acción Cultural Española (AC/E) e  Gadis.

Xunto á exposición edítase un libro en tres linguas -galego, inglés e castelán- con dirección de arte do propio Victor Moscoso. Inclúe unha introdución do crítico neoiorquino Steven Heller e un ensaio biográfico de David Carballal, comisario da exposición, escrito tras unha longa serie de conversas co artista. Trátase da monografía máis extensa sobre Victor Moscoso a día de hoxe, con preto de 200 imaxes -entre obra en catálogo, documentada e fotografías biográficas.

Victor Moscoso deseñou un cartel específico para a exposición na Fundación Luis Seoane da Coruña. Utilizando o método de imaxes superpostas que desenvolveu durante a súa etapa psicodélica, o cartel interactúa ao ser exposto baixo luz intermitente vermella e azul.

Tras o seu paso pola Fundación Luis Seoane, Moscoso Cosmos: o universo de Victor Moscoso itinerará ao MUSAC de León e ao Centro Niemeyer de Avilés.

Comisario: David Carballal

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión