Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

O disfrace de Urrupinca Carmirola de Lorena Conde. Pase das 10.45 h

Achégase o Entroido e a raposiña Chiruca quere vestirse co mellor disfrace do mundo.

¿A quién va dirigido?:

Familias con crianzas de 3 a 6 anos

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

15/02/2020

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Desde el 10/02/2020 hasta el 15/02/2020

A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas entre 3 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Dous pases: 10.45 e 12.30 h

Duración:

75 min aprox.

Dirección:

Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

De balde e con inscrición previa

Organiza:

Normalización Lingüística

Contacto:

inscricions@coruna.es

981 184 200 ext. 34333

A raposiña Chiruca está emocionada. Achégase o Entroido e, coma todos os anos, xa lle toca ir preparando o disfrace. Chiruca quere lucir cada ano o mellor disfrace posible e ademais, e isto é moi importante, sempre o fai ela coas súas propias gadoupiñas.

Pero este ano ten un problema grande: sabe, porque llo dixo súa avoa, que o mellor disfrace que pode facer é o de urrupinca carmirola mais é complicado de facer porque súa avoa só viu a urrupinca unha vez na súa vida cando era noviña e ademais leva moitas cousas que a raposiña non ten.

Por iso se bota a andar á procura deses elementos que non poden faltar no disfrace da urrupinca. Para conseguilos, Chiruca ha ter que lles pedir axuda a moitos animais (algúns máis amigables ca outros, todo hai que dicilo).

É este un obradoiro-contacontos acumulativo e participativo onde as crianzas irán desenvolvendo o conto de Chiruca e o disfrace de urrupinca.

A actividade desenvolverase nas aulas do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 10.45 e ás 12.30 horas. 

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión